Adrián Mosquera Orgueira

Investigador líder do grupo E060 - Hematoloxía Computacional e Xenómica (Grheco Xen)

Adrián Mosquera Orgueira é especialista en Hematoloxía e Hemoterapia no Hospital Universitario de Santiago de Compostela e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, dirixe unha liña de investigación no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) centrada nas aplicacións da xenómica e a intelixencia artificial no campo da medicina de precisión. Esta liña ten como obxectivo mellorar a predición da resposta do cancro hematolóxico aos tratamentos dispoñibles, así como o desenvolvemento de terapias personalizadas para o cancro hematolóxico. É coautor de decenas de traballos de investigación nos últimos anos, incluíndo publicacións en revistas de alto impacto no sector da hematoloxía como Leukemia, Blood Cancer Journal, Hemasphere e Cancers. Ademais, na actualidade participa en diversos proxectos de investigación no ámbito das diferentes neoplasias hematolóxicas. O doutor Mosquera compaxina esta actividade investigadora coa súa actividade asistencial no CHUS e coa divulgación do coñecemento científico.