XESTIÓN

xestores e promotores especializados de investigación biomédica

Plataforma dixital de detección molecular directa (Nanostring)

Contacto
Alberto Gómez Carballa
alberto.gomez.carballa@sergas.es

O sistema de análise nCounter® permite analizar centos de mRNAs, miRNAs, SNV, CNV ou proteínas directamente mediante detección molecular dixital directa, nunha soa reacción en ausencia de encimas (sen retrotranscrición nin amplificación). É un sistema de alta sensibilidade, reproducibilidade con gran capacidade de multiplexado (ata 800 xenes na mesma reacción), o cal non só diminúe o número de reaccións necesarias, senón que tamén supón un aforro na cantidade de RNA/DNA que se require para o ensaio. Nesta tecnoloxía, cada molécula diana ven identificada por un “código de barras” molecular formado pola combinación secuencial de seis unidades de fluorocromos de catro cores distintos. Estes códigos de barras hibridan directamente coas moléculas de interese, e poden ser cuantificadas individualmente sen ser necesaria a amplificación das mostras.

A tecnoloxía ten un gran número de aplicacións potenciais en diferentes ámbitos da investigación clínica:

  • Expresión xénica: a través dos numerosos paneis pre-deseñados (12 mostras), así como a través da posibilidade de deseñar paneis personalizados a medida do usuario cos targets de interese (ata 800 dianas).
    • Paneis relacionados co estudo do cancro, relacionados coa expresión de xenes implicados en rutas inmunolóxicas, inflamatorias e neurodexenerativas tanto en humanos como en rato e en rata
    • miRNAs: 800 miRNAs máis relevantes biolóxicamente.
    • lncRNA: Panel a medida de ata 800 lncRNA. Poden combinarse con mRNA para análise simultáneo ou para estudar interaccións lncRNA-proteínas (Inmunoprecipitación).
  • DNA: Variación de Número de Copias (CNV).
  • ChIP-String: Estudo de cómo o DNA interactúa coas proteínas para regular a expresión xénica.
  • Proteómica.

Servizos

  • Soporte e asesoramento co deseño do experimento e desenvolvemento do protocolo.
  • Compra de reactivos, CodeSets e cartuchos necesarios para levar a cabo o experimento.
  • Preparación e procesado de 12 mostras por cartucho, hibridación e análise no equipo nCounter SPRINT.
  • Arquivo CSV cos datos en cru exportados do equipo e datos normalizados.
  • Asesoramento coa análise de datos.

Tarifas vixentes (sen IVA)

Contacta con nós

¿Queres máis información? Non dubides en contactarnos a través do noso formulario
idis-Neg@2x-8
logo-fundacion-xenomica