O XII Premio Ramiro Carregal de Oncoloxía distingue a investigación en inmunoterapia contra o cancro

31 Maio 2024

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024.- A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela acolleu o acto de entrega dos XII Premios Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica que este ano recoñecen a traxectoria profesional do Dr. Ignacio Melero co premio de Investigación Oncolóxica polas súas investigacións en inmunoterapia contra o cancro; e tamén ao Dr. Arkaitz Carracedo, como gañador do V Premio a Talentos Emerxentes.

Ao acto de entrega asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rey; o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; o novo xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Ángel Facio Villanueva; a directora científica do IDIS, María Luz Couce Pico; así como o presidente executivo do Xurado e xefe de Servizo de Oncoloxía do CHUS, Rafael López López, entre outras personalidades.

Más noticias

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago supera os 50 M€ de captación de fondos e rexistra a cifra máis alta de publicacións en revistas indexadas

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago supera os 50 M€ de captación de fondos e rexistra a cifra máis alta de publicacións en revistas indexadas

A metade dos 50,9 M€  proceden de proxectos de investigación competitivos, a cifra máis alta rexistrada, e case 10 M€  de contratos competitivos de persoal

Na presentación da súa memoria anual, o IDIS destacou o seu reacreditación por parte do Instituto de Saúde Carlos III e a da súa Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+I)

ler máis