Ángel Carracedo e Carmen Álvarez Lorenzo recollen os seus Premios Nacionais de Investigación nun acto presidido polo rei Filipe VI

27 Outubro 2026

O líder do grupo Xenética do IDIS foi galardoado co premio Gregorio Marañón mentres que a líder de I+D Farma recibiu o premio Blas Cabrera

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026.– Os investigadores do IDIS Ángel María Carracedo Álvarez e Carmen I. Álvarez Lorenzo recolleron este martes 27 de outubro os Premios  Nacionais de Investigación cos que o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñece a excelencia científica e a contribución ao avance do coñecemento de investigadores e investigadoras.

O Dr. Ángel Carracedo, IP do grupo Xenética, recibiu o Premio Nacional de Investigación Gregorio Marañón 2026 na área de Medicina e Ciencias da Saúde, pola súa destacada traxectoria no ámbito da medicina forense e xenómica.  Pola súa banda, a líder do grupo I+D Formas de Dosificación e Sistemas de Liberación de Medicamentos, Carmen Isabel Álvarez Lorenzo, recolleu o Premio Nacional de Investigación Blas Cabrera, na área de Ciencias Físicas, dos Materiais e da Terra, pola súa destacada traxectoria investigadora no ámbito da ciencia dos materiais biomédicos.

“É un orgullo inmenso para todo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago que dous dos nosos investigadores sexan recoñecidos cos Premios Nacionais de Investigación, un recoñecemento que non só pon en valor o talento e a dedicación de dous referentes da nosa institución, senón que tamén confirman o alto nivel da investigación biomédica que se desenvolve no IDIS e en Galicia”, asegurou a directora científica do IDIS, María Luz Couce.

“Desde a Fundación Pública Galega IDIS queremos trasladar os nosos máis sinceros parabéns a Ángel e a Carmen. Estes premios énchennos de satisfacción e impúlsannos a seguir traballando co mesmo rigor e ambición para xerar coñecemento que mellore a saúde das persoas”, destacou a directora de FIDIS Isabel Lista.

Os Premios Nacionais de Investigación “recoñecen o mérito de quen son distinguidos, pero tamén pon de manifesto a fortaleza do sistema público de ciencia, que impulsa o talento, fomenta a excelencia e sitúa a España entre os países que lideran a investigación internacional”, afirmou a ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant.

Todos os premios

Xunto cos investigadores do IDIS, foron distinguidos tamén cos Premios Nacionais de Investigación Crisanto Gutiérrez Armenta, José Miguel Adam Martínez, Carmen Julia Gutiérrez González, José Antonio Sobrino Rodríguez, Daniel Maspoch Comamala, Jesús Martínez de la Fuente, Ángel Lozano Solsona e José Dolado Lobregat.

Ademais, entregáronse os Premios Nacionais de Investigación para a Mocidade, que recoñecen o mérito das persoas investigadoras españolas con idade máxima de 40 anos e logros relevantes nas primeiras etapas das súas carreiras que foron Mireia Vallés Colomer, Mario Merino Martínez, Pablo Alonso González, Biola M.ª Javierre Martínez, Laura Castro Santos, Miguel Anaya Martín, Katherine Villa Gómez, Ana Novoa Pérez, Jorge Calvo Zaragoza e Cristina Cadenas Sánchez.

Más noticias

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

A Xornada celebrada este luns no CHUS, en colaboración co PERTE para a Saúde de Vangarda e o Instituto de Saúde Carlos III, serviu para coñecer o avance dalgúns dos principais proxectos do instituto compostelán

María Luz Couce, directora científica do IDIS, asegura que o reto agora é seguir sumando alianzas e recursos para que a investigación cumpra o seu fin último: mellorar a saúde das persoas

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.