O IDIS colabora na divulgación científica e na prevención do dano cerebral adquirido con motivo do Día Mundial do Ictus

27 Outubro 2026

La iniciativa está organizada por la entidad Dano Cerebral Galicia y Afundación en colaboración con el grupo Treat del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago

La cita arranca el 29 de octubre en Santiago con una sesión de divulgación científica impartida por Francisco Campos, coordinador del grupo Ictus Traslacional

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026.– O investigador do IDIS Francisco Campos leva máis de 15 anos traballando en neurociencias, oito deles especializado na patoloxía cerebrovascular, é dicir, no ictus. Campos é o coordinador do grupo Ictus Translacional (Treat) do IDIS, que colabora activamente coa entidade Dano Cerebral Galicia.

Neste labor de cooperación enmárcase a sesión de divulgación científica sobre o dano cerebral adquirido Coida o teu cerebro, prevén o ictus, que organiza Dano Cerebral Galicia xunto con Afundación en colaboración co IDIS, con motivo do Día Mundial do Ictus. Campos estará acompañado da traballadora social e responsable de Proxectos de Dano Cerebral Galicia, Carla Miranda.

A sesión terá lugar o xoves 29 de outubro ás 17:30 h no auditorio do centro Obra Social Abanca da praza de Cervantes de Santiago de Compostela. A charla é aberta ao público e gratuíta, previa inscrición. A partir dese día e durante todo o mes de novembro, as actividades continúan con sesións informativas e os Recunchos cerebrosaudables.

As sesións informativas arredor do dano cerebral adquirido van ter lugar nos Espazos +60 Afundación de Lugo (04/11/2026 ás 17:30 h), A Coruña  (10/11/2026 ás 17:00 h), Vigo (12/11/2026 ás 17:00 h), Ourense (16/11/2026 ás 17:00 h) e Pontevedra (25/11/2026 ás 17:00 h). Estarán impartidas por Francisco Campos, do Grupo Treat, e por profesionais de Dano Cerebral Galicia, dando continuidade á colaboración do IDIS. Diríxense a persoas socias dos Espazos +60.

Complementariamente, desenvolveranse os Recunchos cerebrosaudables, nos que se informará sobre os principais factores de risco do ictus, afondando en como manexalos e previlos, en colaboración con profesionais de AGEFEC (Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria). Van ter lugar nos Espazos +60 Afundación de Monforte (12/11/2026 ás 17:00 h), Pontedeume (17/11/2026 ás 18:00 h), Viveiro (19/11/2026 ás 17:30 h) e Betanzos (25/11/2026 ás 17:30 h). Estas catro serán abertas a todo o público, e haberá unha quinta en Ferrol (26/11/2026 ás 17:00 h) dirixida a persoas socias do Espazo +60.

O IDIS conta cunha Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), desde a que se impulsan e promoven actividades de divulgación científica e transferencia de coñecemento á sociedade. A través desta unidade, o instituto reafirma o seu compromiso con achegar a ciencia á cidadanía, fomentando a participación do persoal investigador en iniciativas que contribúan a dar a coñecer os avances científicos, sensibilizar a poboación sobre distintas patoloxías e poñer en valor o papel da investigación na mellora da saúde e da calidade de vida das persoas.

Reserva praza AQUÍ.

Más noticias

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

A Xornada celebrada este luns no CHUS, en colaboración co PERTE para a Saúde de Vangarda e o Instituto de Saúde Carlos III, serviu para coñecer o avance dalgúns dos principais proxectos do instituto compostelán

María Luz Couce, directora científica do IDIS, asegura que o reto agora é seguir sumando alianzas e recursos para que a investigación cumpra o seu fin último: mellorar a saúde das persoas

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.