Condicións e prácticas de traballo

O Convenio colectivo da Fundación Pública Galega IDIS establece o marco de relación da entidade co seu persoal investigador, fixando que titulacións se requiren e que formas de acceso establécense para as categorías R1, R2, R3 e R4 e para o persoal de apoio á investigación (CAP. II), cales son os dereitos e deberes do persoal contratado (CAP. III), as modalidades de contratación (CAP. IV) e o sistema retributivo (CAP. VII).

Sen prexuízo das políticas específicas elaboradas por FIDIS, o convenio colectivo establece o marco para a formación do persoal, a titularidade da propiedade intelectual e industrial, a protección ante a violencia de xénero e as medidas para garantir a igualdade entre homes e mulleres. [Ver tamén sección Ética, integridade, xénero e ciencia aberta.]

Alén do convenio colectivo, nesta sección inclúense plans e procedementos que se desenvolveron para facilitar o labor investigador, e para contribuír ao benestar do persoal investigador. O Catálogo de equipamento é unha ferramenta esencial no momento da incorporación para coñecer rapidamente de que recursos técnicos dispón o instituto. O Procedemento de transferencia

establece os mecanismos que deben seguirse para a protección e transferencia de resultados e cales son os dereitos económicos derivados da súa explotación.

A protección das investigadoras embarazadas (e das nais no período de lactación) estúdase caso a caso, pero o procedemento vixente fixa unhas medidas de protección mínimas para garantir o benestar da traballadora, que se adoptan de forma inmediata desde que se coñece a súa situación. Pola súa banda, o Protocolo de desconexión dixital garante o dereito de todo o persoal do IDIS a non atender comunicacións da empresa fóra do seu horario laboral, establecendo límites claros entre o traballo e a vida privada.

Volver >>

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.