HR Excellence in Research
Este selo distingue ás institucións comprometidas cos principios da Carta Europea do Investigador, que velan por ofrecer ao seu persoal investigador as mellores condicións laborais e un marco apropiado para o seu desenvolvemento profesional. O selo é unha ferramenta que axuda ás organizacións para mellorar a eficiencia, a eficacia e o impacto das accións que levan a cabo para crear unha contorna laboral atractiva e promover a excelencia científica, garantindo o cumprimento dos principios éticos fundamentais e a integridade da investigación.
As organizacións acreditadas aplican os 20 principios da Carta Europea do Investigador, articulados en catro piares que cobren todos os aspectos dunha carreira investigadora.
O IDIS e a súa fundación xestora contan con políticas, procedementos e mecanismos internos aliñados con estes principios, que definen o marco de traballo do seu equipo de investigación e impulsan o desenvolvemento das súas carreiras científicas, como se detalla nos diferentes apartados desta sección.








