Avaliación e contratación

A Fundación Pública Galega IDIS conta cunha Política de selección de persoal aberta, transparente e baseada en méritos (OTM-R) para todos os procesos de contratación de persoal dedicado á investigación básica ou clínica no IDIS. Esta política garante procesos de selección abertos, transparentes e baseados no mérito, pero ademais establece mecanismos para que, en situacións de igualdade de méritos, favorézase a contratación de persoas pertencentes a grupos infrarrepresentados, co obxectivo de promover a equidade.

Toda persoa investigadora que se incorpora ao IDIS recibe o Manual de benvida, que facilita a súa integración no instituto presentando de forma sintética a misión, visión e valores da institución, así como a estrutura organizativa e os mecanismos de comunicación interna. O manual compendia a normativa laboral (calendario, xornada, nóminas, tramitación de baixas e permisos, medidas para o embarazo, a lactación e a conciliación, etc.) e os protocolos de prevención de risco laborais. [Ver máis información na sección Condicións e prácticas de traballo.]

Volver >>

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.