A investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras é recibida pola raíña Letizia no Palacio da Zarzuela

13 Febreiro 2026

A líder do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición acudiu xunto cos demais galardoados na 7.ª edición dos Premios de Investigación Jesús Serra

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026. A Súa Maxestade a Raíña recibiu en audiencia este xoves unha representación da Fundación Occident, así como os gañadores da 7.ª edición dos Premios de Investigación Jesús Serra, entre os que se atopaba a investigadora do IDIS Ana Belén Crujeiras.

A líder do grupo de Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición foi a gañadora na categoría de Investigación Clínica co seu traballo “Modulación epixenética mediante intervención nutricional no cancro de mama asociado á obesidade: aplicación clínica en terapias personalizadas e prognóstico clínico (EPINUTOBREST)”. Un estudo no que, por primeira vez, se analiza que influencia ten a perda de ,peso en mulleres posmenopáusicas con obesidade, na mellora da eficacia dos tratamentos contra o cancro de mama.

O premiado na categoría Básica dos Premios de Investigación Jesús Serra foi Jordi Mayneris-Perxachs na categoría Básica. Ademais, este ano convocábanse, por primeira vez, os Premios Especiais de Comunicación Científica Federico Halpern, que recaeron na  xornalista Cristina Saez (o de Medios Tradicionais) e nas divulgadoras Beatriz Robles e Laura Caorsi (o de Novos Formatos).

Os Premios Jesús Serra da Fundación Occident recoñecen carreiras destacadas que vinculan a nutrición e a alimentación coa saúde; os seus proxectos adoitan centrarse en campos como a tecnoloxía alimentaria, a microbiota, a epidemioloxía, a obesidade e a prevención de enfermidades a través da dieta.

Casa Real enmarca esta reunión dentro do compromiso da raíña Letizia “cos temas relacionados coa alimentación e a nutrición, unha das súas principais áreas de atención. Por iso, esta audiencia destaca o traballo daqueles que traballan para promover a saúde, a prevención e os hábitos de vida saudables”, indican nun comunicado.

Ana Belén Crujeiras, pola súa banda, expresou o seu agradecemento por este recoñecemento e por toda a traxectoria da raíña Letizia nos campos da saúde e a divulgación científica. “O seu apoio dá voz á ciencia e promove a investigación como piar fundamental para o benestar da sociedade”, explicou a investigadora do IDIS. “Este apoio non só proporciona recursos vitais, senón que tamén infunde esperanza e nos motiva a perseverar na procura do coñecemento, co obxectivo de mellorar a saúde pública e avanzar cara a unha atención sanitaria e unha ciencia accesibles para todas as persoas”.

 

Más noticias

La investigadora Sonia Eiras recibe el VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardiología por su trabajo sobre grasa epicárdica inflamada y anuncia la creación de un grupo  multidisciplinar para acelerar la investigación

La investigadora Sonia Eiras recibe el VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardiología por su trabajo sobre grasa epicárdica inflamada y anuncia la creación de un grupo multidisciplinar para acelerar la investigación

El trabajo premiado profundiza en el conocimiento de los factores que favorecen la acumulación de grasa epicárdica inflamada para desarrollar métodos diagnósticos sencillos y accesibles que permitan identificarla precozmente y diseñar nuevas estrategias de prevención y tratamiento

Acompañaron a la premiada el presidente del Parlamento de Galicia y la alcaldesa de Santiago, además del presidente de la Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio, y la directora científica del IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis