A investigadora Inés Gómez Otero recolle o martes o VI Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía

15 Abril 2025

A cerimonia, aberta ao público, terá lugar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago ás 19:30 horas

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025.- O Hotel Monumento San Francisco de Santiago acollerá o vindeiro martes 22 de abril a gala de entrega do VI Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía “Enfermidades valvulares cardíacas” que recaeu no traballo liderado pola Dra. Inés Gómez Otero, responsable da Unidade de Insuficiencia Cardíaca Especializada do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) e investigadora do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

O acto, que estará presidido polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, contará coa asistencia de todo o equipo gañador, encabezado pola Dra. Inés Gómez Otero, así como dos presidentes de honra e executivo do Xurado: o empresario Ramiro Carregal e o Dr. José Ramón González Juanatey, xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do CHUS. Con eles estará tamén o Dr. Ángel Facio, xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

O proxecto galardoado, que se levará a cabo no Hospital Clínico Universitario de Santiago e no de La Fe de Valencia, ten como obxectivo tratar de identificar precozmente pacientes con insuficiencia mitral severa que non responden ao tratamento médico convencional para mellorar o seu prognóstico, seleccionando as estratexias terapéuticas máis avanzadas de forma personalizada, para previr desenlaces adversos e mellorar a súa calidade de vida, á vez que se distribúen de maneira máis eficiente os recursos.

O Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía está dotado con 30.000 euros e un símbolo distintivo e acreditativo do galardón concedido.

 

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis