Antonio Cañizo Outeiriño, do grupo FarmaCHUSLab, do IDIS gaña o primeiro premio no concurso “os teus 3 minuteses” de BioIntegraSaúde 2024

9 Abril 2024

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024.- O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo acolleu hoxe a xornada BioIntegraSaúde 2024, coorganizada polos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia. Eva Poveda, directora científica do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS); Mar Castellanos, do Instituto de Investigacións Biomédicas da Coruña (INIBIC), e M.ª Luz Couce, do Instituto de Investigación Sanitarias de Santiago (IDIS), foron as encargadas de abrir a sesión, xunto coa xerente da Área Sanitaria de Vigo, Francisco Javier Puente e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.

A xornada contou con tres mesas de debate. A primeira sobre “Novas Terapias” estivo moderada por Carmen Álvarez, directora de iMATUS e investigadora do grupo de I+D sobre formas farmacéuticas e sistemas de administración de fármacos do IDIS, e na que participou Carmen Albo, xefa do Servizo de Hematoloxía da AS Vigo e xefa do Departamento de Hematoloxía e grupo de hemoterapia do IISGS; María de la Fuente, investigadora Miguel Servet, líder do grupo da Unidade de Nano-Oncoloxía e Terapéutica Translacional do IDIS; Cristina Mondelo, investigadora Joan Rodés do grupo IDIS FarmaCHUSLab e Adrián Mosquera, responsable do grupo de Hematoloxía e Xenómica Computacional do IDIS.

A segunda mesa, sobre Biomarcadores, estivo moderada por Virginia Leiro, do grupo NeumoVigo do IISGS, e participaron Laura Docío, do grupo de Tecnoloxías Multimedia atlanTTi Research Center; Martín Lázaro, investigador responsable do grupo de Oncoloxía Translacional do IISGS; M.ª Eugenia Mosquera, do grupo de Metabolopatías do IDIS; e Carlos Spuch, responsable do grupo de Neurociencia Translacional do IISGS.
A última mesa, pola tarde, tratou sobre a Intelixencia Artificial en saúde e estivo moderada por Mar Castellanos, directora científica do INIBIC. Como expertos participaron Pablo Aguiar, investigador do grupo de Imaxe Molecular do IDIS; Marcos Ortega, responsable do grupo VARPA de INIBIC; Alejandro Pazos, responsable do Grupo de Investigación RNASA – IMEDIR do INIBIC; e César Veiga, do grupo Cardiovascular do IISGS.

Os teus 3 minuteses
Este ano, como novidade, incluíuse unha sesión reservada para persoal investigador en formación ou posdoutorais recentes: o concurso “Os teus 3 minuteses”, no que os participantes explicaron a investigación que están a realizar na súa tese de doutoramento nun vídeo de tres minutos de duración, e dun xeito accesible, utilizando unha linguaxe sinxela e comprensible.

Un comité de avaliación concedeu tres premios aos mellores vídeos. O primeiro premio foi para Antonio Cañizo Outeiriño, do grupo IDIS FarmaCHUSLab, o segundo para Manuel Casal Guisande e o terceiro para Jacobo Alonso Dominguez, ambos do IIS Galicia Sur. Ana Isabel Rodríguez Cendal, do INIBIC, gañou o premio do público no certame.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, foi o encargado de pechar esta edición de BioIntegraSaúde2024

Más noticias

Este martes presentouse na Cidade da Cultura de Galicia unha iniciativa estratéxica de cooperación transfronteiriza en saúde financiada pola Unión...

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.