As investigadoras Ana Belén Crujeiras e Luisa M. Seoane debullan as bases científicas e epixenéticas da obesidade na apertura da V Xornada do Grupo de Dietética de SEEDO

30 Setembro 2026

A cita tivo lugar o 18 de setembro no Hospital Universitario Infanta Sofía de Madrid baixo a lema “Do código epigenético ao cambio real do paciente”

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026.– As investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) Ana Belén Crujeiras e Luisa M. Seoane participaron na V Xornada do Grupo de Dietética da Sociedade Española de Obesidade (SEEDO), celebrada o 18 de setembro no Hospital Universitario Infanta Sofía de San Sebastián de los Reyes (Madrid), baixo a lema “D código epigenético ao cambio real do paciente”.

Crujeiras e Seoane foron as encargadas de abrir o programa científico da xornada, liderando o primeiro bloque, dedicado ás bases científicas e a epixenética da obesidade. Neste marco abordáronse as sesións “Máis aló do xene: epixenética e obesidade na práctica clínica” e “Pogramación metabólica: como a contorna condiciona o risco de obesidade”, pondo o foco en como os factores ambientais, a alimentación ou a tensión poden modular a regulación metabólica e contribuír ao risco de desenvolver obesidade ao longo da vida.

Ana Belén Crujeiras é investigadora líder do grupo E041-Epixenómica en Endocrinoloxía e Nutrición e co-coordinadora da Unidade de Epixenómica do IDIS. A súa investigación céntrase, entre outros ámbitos, no estudo dos mecanismos epixenéticos relacionados coa obesidade e as súas complicacións e na súa aplicación á medicina de precisión.

Pola súa banda, Luisa M. Seoane é co-coordinadora da área A003-Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo e investigadora líder do grupo E026-Fisiopatoloxía Endocrina do IDIS. O seu traballo está centrado nos mecanismos de regulación do balance enerxético e, especialmente, na interacción entre órganos periféricos e o sistema nervioso central.

A xornada, organizada polo Grupo de Traballo de Dietoterapia na Obesidade de SEEDO, reuniu especialistas de diferentes disciplinas para abordaren, de forma integral, o tratamento da obesidade, desde as súas bases moleculares e epixenéticas até a nutrición personalizada, a adherencia terapéutica, o exercicio físico e a integración de nutrición, farmacoterapia e cirurxía.

Más noticias

O IDIS acolle a presentación do congreso “Melloras para vivir 100 anos” e o balance do proxecto New Heart iniciado hai dous anos

O IDIS acolle a presentación do congreso “Melloras para vivir 100 anos” e o balance do proxecto New Heart iniciado hai dous anos

O proxecto europeo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para mellorar a saúde cardiovascular de maneira integral nesta Eurorrexión fai balance e marca os retos futuros centrados en prevención, diagnóstico precoz e incorporación de novas tecnoloxías, como a IA, á práctica clínica

O 19 de novembro a Cidade da Cultura de Galicia acollerá un congreso sobre o envellecemento saudable e a transición da cardioloxía tradicional cara a un modelo preventivo e intelixente combinando visión clínica, innovación tecnolóxica e retos de saúde pública

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.