A súa tecnoloxía permite probar moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, o que supón un importante aforro de tempo e recursos na investigación preclínica
Acaba de constituírse como empresa bFLOW, unha spin-off do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) y da Universidad de Santiago de Compostela (USC) que é froito de anos de investigación entre equipos punteiros na área da microfluídica, fotónica e biotecnoloxía de ambas institucións.
Os socios promotores desta nova empresa son María Aymerich, Maite Flores, Ezequiel Álvarez e Alberto P. Muñuzuri -todos eles investigadores do del IDIS e da USC, alén da propia USC e do IDIS. A directora da nova empresa é María Seoane.
bFLOW ofrece solucións de microfluídica grazas ao deseño personalizado e fabricación por tecnoloxía láser dun chip con microcanais sobre os que se pode realizar cultivo celular e aos que se lle aplican unha simulación de fluxo. En investigación preclínica, esta tecnoloxía permite probar as moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, polo que, empregada antes de pasar o test en animais, permite identificar os mellores candidatos a superar ese test, reducindo e racionalizando así tempo de investigación, custes experimentais e número de animais de experimentación.
A solución de bFLOW incorpora características únicas en comparación con outras solucións no mercado de “organ-on-a-chip” personalizadas, como a variedade de opcións de diseño de microcanal e materiais empregados sen necesidade de realización de prototipos, o que convirte a BFlow nun colaborador á altura das necesidades dos laboratorios e compañías farmacéuticas no contexto actual: unha solución personalizada, punteira, rápida e económica.
As solucións de bFLOW teñen ademais un amplo campo de aplicación que van dende o curado de feridas ata a minaría ou o tratamento de residuos, pola súa capacidade de dar información en tempo realpara a toma de decisións (monitorización), en situacións que requiran a aplicación de fluxo.
Se acaba de constituir como empresa bFLOW, una spin- off del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) y de la Universidad de Santiago de Compostela que es fruto de años de investigación entre equipos punteros en el área de la microfluídica, fotónica y biotecnología de ambas instituciones.
bFLOW Foi premiada pola Real Academia Galega de Ciencias pola súa innovación
bFLOW foi premiada pola Real Academia Gallega de Ciencias (Premio de transferencia de tecnoloxía Francisco Guitián Ojea e Premio a Jóvenes Investigadores Ernesto Vieitez) e foi certificada como Inicativa Empresarial de Base Tecnolóxica pola Xunta de Galicia. Premiada tamén pola USC como mellor Idea Empresarial, forma parte de Bioincubatech, o programa de incubación para empresas de biotecnoloxía da USC.
Con B- Flow, son xa cinco as empresas de base tecnolóxica nacidas da investigación do IDIS.