Gómez Caamaño anuncia a realización dun novo ensaio clínico en colaboración co IDIS

18 Setembro 2025

O estudo, que será realizado polo grupo de investigación GenViP, liderado por Federico Martinón, abordará a efectividade da vacinación das persoas maiores fronte ao virus respiratorio sincitial.

 

O conselleiro de Sanidade realizou unha visita ás instalacións do IDIS, onde demostrou o seu apoio á institución e o seu compromiso coa investigación sanitaria.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025.- O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, achegouse esta mañá ás instalacións do IDIS, onde avanzou que Galicia aspira a impulsar, en colaboración co grupo investigador GenViP do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) que lidera Federico Martinón, un novo ensaio clínico que aborde a efectividade de vacinar fronte ao virus respiratorio sincitial ás persoas maiores.

O titular de Sanidade, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e do xerente da área sanitaria, Ángel Facio, visitou o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), xunto con Luz Couce, a directora científica do IDIS, e Isabel Lista, directora da Fundación.

Tal e como detallou o conselleiro, a Xunta está á espera de presentar o proxecto ante as axencias reguladoras e o comité ético, que deben autorizalo. Gómez Caamaño espera conseguir a aprobación para, deste xeito, poder impulsar un ensaio destinado a reforzar a protección da saúde da cidadanía galega.

O conselleiro explicou que a súa visita de hoxe ao IDIS enmárcase no compromiso adquirido de achegarse aos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia. Neste sentido, lembrou a súa condición de investigador neste centro e remarcou a calidade do labor científico que realiza, a través dos seus máis de 1.400 investigadores e técnicos. Tamén se referiu aos case 50 millóns de euros de financiamento captados no pasado ano para proxectos e aos máis de 1.000 artigos científicos publicados.

Luz Couce agradeceu a visita do conselleiro, do que destacou o seu apoio e o seu compromiso coa investigación e co IDIS, unha institución que lle recibe con orgullo e como a un membro máis de “esta que é a súa casa”, aludindo á traxectoria investigadora de Gómez Caamaño. A directora científica ha destacado o traballo do persoal investigador do instituto, “que segue crecendo”; os numerosos proxectos e ensaios clínicos, así como as 22 Plataformas de apoio común dotadas con todo o equipamento necesario para a investigación.

Ademais, Couce quixo avanzar os resultados provisionais da convocatoria de Acción Estratéxica en Saúde do Instituto de Saúde Carlos III, na que o IDIS logrou “18 proxectos concedidos, dous máis que o ano pasado, pero cun financiamiento un 10% menor”. Como reivindicación, aproveitou para sinalar a necesidade dun novo espazo para o centro de investigación. “Necesitamos do apoio institucional, nestes momentos o noso espazo é unha prioridade”, unha demanda que asegurou vai “por bo camiño”.

Aposta da Xunta pola investigación sanitaria

Na súa intervención, o conselleiro sinalou que a Xunta quere reforzar a aposta pola investigación sanitaria, que xa se viu plasmada coa integración dos tres institutos no sector público e coa consolidación das primeiras prazas de persoal de investigación como estatutario coa recente incorporación de 33 investigadores.

Gómez Caamaño puxo en valor que os profesionais e usuarios da sanidade pública son beneficiarios da investigación sanitaria en Galicia. Ao respecto destacou proxectos que sitúan Galicia á vangarda como o Cringenes, destinado a detectar máis de 300 enfermidades raras en neonatos a través dun cribado xenético.

Tamén referiu a colaboración entre o seu departamento e o grupo de infectología, inflamación e vacinas do IDIS que levou a Galicia a ser referente a nivel mundial en inmunización. Así, a principios deste mes presentáronse os resultados do ensaio Galflu, que acreditou a efectividade da vacina antigripal de alta carga fronte á vacina estándar en persoas de 65 a 79 anos, reducindo a hospitalización por gripe en case un 32 %.

Xunto ao anterior, Galicia foi pioneira no ano 2023 na vacinación dos bebés fronte ao virus respiratorio sincitial, que causaba a inmensa maioría dos ingresos hospitalarios nos primeiros meses de vida dos bebés.

O conselleiro dixo que hai moitos exemplos que falan a favor da alianza entre a investigación de calidade e a sanidade pública galega, por iso, defender a investigación e fomentala é un compromiso irrevogable da Xunta.

 

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis