AC03 – Enfermo Crítico

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

O noso grupo de investigación no Paciente Crítico desenvolve varias liñas de traballo:

  • Investigación en sepse: identificación de factores de risco tanto clínicos como xenéticos para o desenvolvemento de complicacións e mortalidade asociados a esta enfermidade, un síndrome altamente prevalente nas unidades de Críticos.
  • Identificación e caracterización dos efectos celulares de anestésicos e fármacos utilizados no paciente crítico: mecanimos citoprotectores, mediadores inflamatorios e estrés oxidativo.
  • Identificación de factores pronósticos, dianas terapéuticas e caracterización da encefalopatía asociada a sepse, a encefalopatía máis frecuente nas unidades de Críticos e carente de tratamento específico na actualidade.
  • Anestesia locorrexional con bloqueo nervioso: descrición e optimización de procedementos.
  • Estudo dos mecanismos moleculares asociados ó síndrome do enfermo eutiroideo.
  • Procedementos de prevención e manexo perioperatorio da vía aérea difícil.
  • Estudo e manexo agudo e crónico da dor neuropática.

Para levar a cabo estas investigacións, actualmente dispoñemos de mostras de pacientes para análise xenético e estudo de biomarcadores e modelos experimentais de sepse. Unha vez avancemos no coñecemento de mecanismos implicados nos procesos obxecto de estudo e teñamos identificadas potenciais dianas terapéuticas, pretendemos desenvolver liñas de investigación que permitan explorar o potencial terapéutico de fármacos de cara a unha mellora do tratamento destas patoloxías.

 

Equipo investigador
Líder
Álvarez Escudero, Julián

 

Membros
Carro Méndez, María Beatriz
Caruezo Rodríguez, Valentín
Cortiñas Díaz, Julio
Fernández Rodríguez, Jorge
Otero Castro, Francisco Pablo
Rodríguez García, Jaime
Rodríguez González, Raquel
Taboada Muñiz, Manuel
Valero Gómez, Manuel Alberto
Veiras del Río, Sonia

Investigador líder

Julián Álvarez Escudero

Julián Álvarez Escudero