C020 – Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría (GENVIP)

Obxectivos e liñas de investigación

Objetivos

GENVIP está integrado por un equipo multidisciplinar de natureza transversal no ámbito da investigación básica e clínica aplicada que emprega as últimas tecnoloxías e métodos analíticos das diferentes disciplinas para optimizar o tratamento dos pacientes pediátricos. O grupo está formado por expertos en diferentes áreas da investigación biomédica (médicos, enfermeiros, farmacéuticos, xenetistas, biólogos, matemáticos, e bioinformáticos), que aportan unha perspectiva ampla e globalizada.
A misión de GENVIP é avanzar no coñecemento das bases xenéticas das infeccións pediátricas e contribuír ó desenvolvemento de estratexias individualizadas de prevención e tratamento. O equipo está dirixido polo Profesor. Federico Martinón-Torres (Xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e Titular de Pediatría da Universidade de Santiago), pediatra con experiencia na área clínica e en investigación no campo das enfermidades infecciosas.
O principal potencial do grupo é a combinación e integración das diferentes visións ante os problemas relacionados coa saúde, co fin último de obter o mellor resultado para o paciente. Así, pola súa experiencia no estudo e manexo das infeccións víricas e bacterianas, a actividade científica do grupo tradúcese básicamente na traslacionalidade ó campo da saúde pediátrica, principalmente a través de:
• desenvolvemento de estratexias individualizadas de actuación en tratamento ou prevención
• desenvolvemento de novas ferramentas para a detección de marcadores biolóxicos de aplicación no diagnóstico e /ou pronóstico
• identificación de novas dianas terapéuticas
GENVIP creou unha Unidade de Ensaios Clínicos enfocada principalmente na área das vacinas. Esta unidade canaliza gran parte dos ensaios clínicos que se realizan en España en vacinas pediátricas, dende as fases 1 á 3. Ademáis, colabora con varios promotores no deseño de protocolos e programas de desenvolvemento clínico de diversos candidatos vacinais.

Líneas de investigación

Entre as nosas ÁREAS DE INVESTIGACIÓN máis destacables atópanse as seguintes:

‘Ómica’ aplicada a enfermidades infecciosas en pediatría: o obxectivo principal do grupo é profundizar no coñecemento da patoxénese das enfermidades que afectan a nenos desde diferentes perspectivas, a través dunha aproximación ‘-ómica’. Este enfoque, que involucra múltiples ferramentas ‘-ómicas’ (transcriptómica, xenómica, epixenómica, etc), pode axudar a comprender os diferentes mecanismos moleculares que subxacen á resposta da hóspede á infección e explorar, desde varias perspectivas, se existen biomarcadores xenómicos, transcriptómicos e / ou epixenéticos que puoidan estar relacionados ó diagnóstico, pronóstico e evolución da infección. O equipo GENVIP ten ampla experiencia na abordaxe traslacional das enfermidades infecciosas e a súa aplicabilidade en beneficio do paciente. Neste aspecto, GENVIP contribuiu con varios proxectos traslacionais ó desenvolvemento de test diagnósticos baseados en respostas da hóspede á infección.
O estudo das enfermidades infecciosas en GENVIP non só implica liñas de investigación estables no campo se non que tambén inclúe numerosas colaboracións con centros de referencia internacionais como o Imperial College London, o Ospedale Pediatrico Bambino Gesú, PENTA Fondazione, o Instituto Genómico de Singapur, a Universidad Rabdoud, Oxford Gene Technology, ReSVinet, Genomic Systems ou o National Children’s Hospital de Ohio, entre outros, así como cos principais hospitales pediátricos de referencia españois. GENVIP dirixe e coordina numerosas redes clínicas multi-céntricas nacionais e internacionais encargadas da obtención de mostras de pacientes con diferentes patoloxías que afectan á idade pediátrica.

Vacinómica e immunoxenómica: aplicar o enfoque ómico ó estudo das vacinas axúdanos a entender mellor a resposta do individuo ós diferentes antíxenos vacinais, descubrir novos marcadores de protección e establecer estratexias individualizadas de protección mediante vacinación. O estudo das súas propiedades heterólogas é outra das liñas que GENVIP ten activas no campo das vacinas, concretamente centrado nas vacinas de BCG, rotavirus e neumococo, pero tamén desenvolvendo os modelos axeitados para aplicar o paradigma a outras novas vacinas. GENVIP colabora directamente coa Organización Mundial da Saúde (OMS) en Europa en intervencións programadas e crises agudas no campo das vacinas e enfermidades infecciosas como centro colaborador da OMS en seguridade vacinal.

Bioinformática e análises de datos: o grupo GENVIP conta con expertos en bioloxía / xenética, bioinformática e matemáticas / estatística con ampla experiencia no manexo de datos xenómicos, trascriptómicos e epixenómicos procedentes de plataformas de alto rendemento e Next Generation Sequencing. Dentro do grupo desenvolvéronse aplicacións informáticas, algunhas liñas internas para a análise de datos xenómicos / transcriptómicos e modelos bioinformáticos predictivos aplicados a diferentes patoloxías.

Enfermidades raras na infancia: GENVIP ten unha liña de investigación enfocada no estudo da Heteroplasia Ósea Progresiva (HOP) e osificación heterotópica. HOP é unha enfermidade ultra-rara que produce formación de oso extra-esquelético a partir de tecido mesodérmico. Non existe ningún tratamento efectivo nin preventivo para esta enfermidade. Empregando unha abordaxe “-ómica” traslacional estamos tratando de caracterizar a enfermidade e identificar dianas terapéuticas que permitan mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Enfermidades alérxicas da infancia: GENVIP ten varias liñas de investigación abertas nesta dirección, con estudos activos en patoloxías tales como a asma ou o síndrome de enterocolite producido por proteínas (proxectos FPIES), que é un tipo de alergia alimentaria frecuente y fisiopatológicamente poco conocida, potencialmente letal, e para a que non existe ningunha proba diagnóstica.

Equipo investigador

Líder
Martinón Torres, Federico

Membros
Ares Gómez, María Sonia
Autrán García, María Teresa
Bello Paderne, Xabier
Ben García, Miriam
Bouzón Alejandro, Marta
Caamaño Viña, Fernando
Carballal Fernández, Alicia
Carnota Antonio, Sandra
Casas Pérez, Marina
Cerqueiro Rey, Silvia
Currás Tuala, María José
Díaz Esteban, Blanca
Durán Suárez, Carlos
Eirís Puñal, Jesús
García Sánchez, Natalia
Gómez Rial, José
Justicia Grande, Antonio
Lendoiro Fuentes, Marta
López Franco, Montserrat
Marcos Alonso, Sonia
Martínez Castro, María
Martínez Martínez, Lara
Montero Campos, Esther
Mosquera Pérez, Belén
Muy Pérez, Andrés Efraín

 

 

Piñeiro García, Antonio
Piñeiro Rodríguez, Lidia
Prieto Gómez, Iván
Redondo Collazo, Lorenzo
Rey García, Susana María
Rivas Oural, Antía
Rivero Calle, Irene
Rodríguez-Tenreiro Sánchez, Carmen
Sadiki Orayyou, Miguel
Senín Ferreiro, Ana María
Serén Fernández, Sonia
Sobrino Fernández, María Elena
Talavero González, Cristina
Vázquez Donsión, Manuel
Vilas Iglesias, María Soledad
Viz Rodríguez, Gloria
Zhu Huang, Ouhao

Persoal colaborador externo
Álvez González, Fernando
Martinón Sánchez, José María
Serén Trasorras, Cristina

   
Proxectos

Publicacións
  • Gómez-Carballa A, Rivero-Calle I, Pardo-Seco J, Gómez-Rial J, Rivero-Velasco C, Rodríguez-Núñez N, Barbeito-Castiñeiras G, Pérez-Freixo H, Cebey-López M, Barral-Arca R, Rodriguez-Tenreiro C, Dacosta-Urbieta A, Bello X, Pischedda S, Currás-Tuala MJ, Viz-Lasheras S, Martinón-Torres F, Salas A; GEN-COVID study group. A multi-tissue study of immune gene expression profiling highlights the key role of the nasal epithelium in COVID-19 severity. Environ Res. 2022 Feb 22;210:112890. doi: 10.1016/j.envres.2022.112890. Online ahead of print. PMID: 35202626 Free PMC article.
  • Gómez-Carballa A, Pardo-Seco J, Bello X, Martinón-Torres F, Salas A. Superspreading in the emergence of COVID-19 variants. Trends Genet. 2021 Dec;37(12):1069-1080. doi: 10.1016/j.tig.2021.09.003. Epub 2021 Sep 8. PMID: 34556337 Free PMC article. Review.
  • Martinón-Torres F, Bertrand-Gerentes I, Oster P. A novel vaccine to prevent meningococcal disease beyond the first year of life: an early review of MenACYW-TT. Expert Rev Vaccines. 2021 Sep;20(9):1123-1146. doi: 10.1080/14760584.2021.1964962. Epub 2021 Sep 1. PMID: 34365870
  • Martinón-Torres F, Banzhoff A, Azzari C, De Wals P, Marlow R, Marshall H, Pizza M, Rappuoli R, Bekkat-Berkani R. Recent advances in meningococcal B disease prevention: real-world evidence from 4CMenB vaccination. J Infect. 2021 Jul;83(1):17-26. doi: 10.1016/j.jinf.2021.04.031. Epub 2021 Apr 30. PMID: 33933528 Review.
  • Broset E, Pardo-Seco J, Kanno AI, Aguilo N, Dacosta AI, Rivero-Calle I, Gonzalo-Asensio J, Locht C, Leite LCC, Martin C, Martinón-Torres F. BCG vaccination improves DTaP immune responses in mice and is associated with lower pertussis incidence in ecological epidemiological studies. EBioMedicine. 2021 Mar;65:103254. doi: 10.1016/j.ebiom.2021.103254. Epub 2021 Mar 9. PMID: 33711798 Free PMC article.
  • Gómez-Rial J, Currás-Tuala MJ, Rivero-Calle I, Gómez-Carballa A, Cebey-López M, Rodríguez-Tenreiro C, Dacosta-Urbieta A, Rivero-Velasco C, Rodríguez-Núñez N, Trastoy-Pena R, Rodríguez-García J, Salas A, Martinón-Torres F. Increased Serum Levels of sCD14 and sCD163 Indicate a Preponderant Role for Monocytes in COVID-19 Immunopathology. Front Immunol. 2020 Sep 23;11:560381. doi: 10.3389/fimmu.2020.560381. eCollection 2020. PMID: 33072099 Free PMC article.
  • Madhi SA, Polack FP, Piedra PA, Munoz FM, Trenholme AA, Simões EAF, Swamy GK, Agrawal S, Ahmed K, August A, Baqui AH, Calvert A, Chen J, Cho I, Cotton MF, Cutland CL, Englund JA, Fix A, Gonik B, Hammitt L, Heath PT, de Jesus JN, Jones CE, Khalil A, Kimberlin DW, Libster R, Llapur CJ, Lucero M, Pérez Marc G, Marshall HS, Masenya MS, Martinón-Torres F, Meece JK, Nolan TM, Osman A, Perrett KP, Plested JS, Richmond PC, Snape MD, Shakib JH, Shinde V, Stoney T, Thomas DN, Tita AT, Varner MW, Vatish M, Vrbicky K, Wen J, Zaman K, Zar HJ, Glenn GM, Fries LF; Prepare Study Group. Respiratory Syncytial Virus Vaccination during Pregnancy and Effects in Infants. N Engl J Med. 2020 Jul 30;383(5):426-439. doi: 10.1056/NEJMoa1908380. PMID: 32726529 Free PMC article. Clinical Trial.
  • Martinón-Torres F, Rusch S, Huntjens D, Remmerie B, Vingerhoets J, McFadyen K, Ferrero F, Baraldi E, Rojo P, Epalza C, Stevens M. Pharmacokinetics, Safety, and Antiviral Effects of Multiple Doses of the Respiratory Syncytial Virus (RSV) Fusion Protein Inhibitor, JNJ-53718678, in Infants Hospitalized With RSV Infection: A Randomized Phase 1b Study. Clin Infect Dis. 2020 Dec 17;71(10):e594-e603. doi: 10.1093/cid/ciaa283. PMID: 32201897 Free PMC article. Clinical Trial.
Web do grupo

https://www.genvip.eu

Investigador líder

Federico Martinón Torres

Federico Martinón Torres