ÁREA: NEUROCIENCIAS

Obxectivos e liñas de investigación
Obxectivos
O obxectivo do grupo é desenvolver sistemas de administración de sustancias activas con prestacións avanzadas de aplicación en terapia farmacolóxica e medicina rexenerativa. En particular, o grupo deseña e avalía sistemas macro, micro e nano para cesión controlada de fármacos, medicamentos persoalizados por impresión 3D, scaffolds para medicina rexenerativa, e produtos de combinación fármaco-produto sanitario (lentes de contacto, sondas, catéteres… medicados). Tamén desaenvolve materiais con capacidade de captación selectiva de sustancias con fins biomédicos, analíticos e de remediación. Conta coa experiencia en deseño de experimentos e técnicas de intelixencia artificial. O grupo, reconoñecido pola Xunta de Galicia como de referencia competitiva pola súa actividade de investigación, conta con diversas tecnoloxías de interese transversal como fluídos supercríticos, impresión 3D, electrospinning, tratamento superficial con plasma e equipos para caracterización de materiais.
Liñas de investigación
- Xeles supramoleculares para cesión controlada de sustancias activas
- Xeles reticulados nanoestruturados con capacidade de recoñecemento (imprinted)
- Aeroxeles para aplicacións biomédicas
- Andamiaxes para medicina rexenerativa
- Produtos sanitarios medicados
- Formas de dosificación persoalizadas 3D
- Nanotransportadores para superar barreiras tecnolóxicas e fisiolóxicas
Equipo investigador
Líder
Álvarez Lorenzo, Carmen