Manuel Barreiro faise co Best Abstract Presentation Prize na UEG Week polo seu traballo sobre enfermidade de Crohn

22 Outubro 2026

O estudo presentado no congreso da United European Gastroenterology (UEG) foi realizado en Santiago con pacientes para os que non existe terapia aprobada

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2026.– Manuel Barreiro de Acosta, do grupo Investigación Translacional en Enfermidades do Aparello Dixestivo do IDIS, participou na UEG Week, o congreso multidisciplinar de gastroenterología líder a nivel mundial que celebrou a United European Gastroenterology (UEG) do 17 ao 20 de outubro.

O Dr. Barreiro presentou A phase 2a study to evaluate safety, pharmacok and clinical efficacy of oral treatment with MBF–118 in patient with fibrostenosing Crohn´s  Disease,  polo que recibiu o Best Abstract Presentation Prize. O ensaio clínico avalía a seguridade e eficacia preliminar dun innovador tratamento oral para tratar unha complicación grave da enfermidade de Crohn, caracterizada pola cicatrización excesiva e estreitamento do intestino.

“É unha honra inesperada recibir este premio ante ensaios multicéntricos de grandes farmas”, asegura o Dr. Barreiro de Acosta, á vez que destaca que “nun sitio como Santiago sexamos capaces de realizar un estudo fase IIa dun fármaco que non se realizara previamente nun grupo de pacientes para os que non existe terapia aprobada, a fibrosis estenosis do Crohn”.

“Trátase dun estudo ensaio clínico realizado exclusivamente no IDIS e no CHUS, no que se comprobaba a todos os pacientes pre e post tratamento, cunha colonoscopia con biopsia e unha ecografía intestinal que realizabamos na unidade de enfermidade inflamatoria. É preciso sinalar que a incorporación da ecografía para estes pacientes é algo novidoso”, destaca o investigador, que é tamén xefe de Sección de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do Servizo de Aparello Dixestivo do CHUS e profesor asociado da USC.

“Avaliamos a eficacia dun Agonista PPARgamma oral de liberación intestinal e nos 10 pacientes comprobamos diminución da dor e melloría da fibrose-estenose no 50 % dos mesmos”, engade o Dr. Barreiro.

Máis de 360.000 persoas sofren enfermidade inflamatoria intestinal (EII) en España, o 1 % da poboación. Unha porcentaxe que se eleva en Galicia, que figura entre as comunidades con maior afectación. En áreas como Santiago e Barbanza, a Unidade de Enfermidade Inflamatoria Intestinal do CHUS que dirixe o Dr. Barreiro atende máis de 3.000 pacientes, o que mostra a necesidade de dispor de opcións que permitan personalizar o tratamento e evitar a progresión da enfermidade.

Más noticias

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

O IDIS presenta varios proxectos que evidencian a importancia da colaboración público-privada así como necesidade de seguir investigando para mellorar a medicina personalizada de precisión

A Xornada celebrada este luns no CHUS, en colaboración co PERTE para a Saúde de Vangarda e o Instituto de Saúde Carlos III, serviu para coñecer o avance dalgúns dos principais proxectos do instituto compostelán

María Luz Couce, directora científica do IDIS, asegura que o reto agora é seguir sumando alianzas e recursos para que a investigación cumpra o seu fin último: mellorar a saúde das persoas

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.