O IDIS recolle a Medalla Pardo Bazán pola defensa en igualdade

2 Outubro 2024

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2024.- O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) recolleu esta mañá a Medalla Emilia Pardo Bazán que entrega a Xunta de Galicia aos tres institutos de investigación sanitaria galegos. A directora científica, Mª Luz Couce Pico, foi a encargada de recoller o galardón honorífico no Museo de Belas Artes da Coruña xunto coas directoras do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, en recoñecemento ao seu compromiso, traballo e defensa da igualdade entre xéneros.

Durante o seu discurso, a directora científica quixo agradecer este recoñecemento en representación “do traballo de todo o persoal investigador que nos conforma” e puxo de manifesto a importancia do liderado feminino no ámbito científico e investigador. “No IDIS entendemos que a igualdade non é só un principio ético, senón unha necesidade para o progreso de toda a sociedade; e co fin de conseguilo traballamos para construír un entorno onde se valore e respecte a diversidade”, nas súas palabras. Tamén puxo de manifesto  o compromiso do Instituto coa igualdade, “non só como política interna, senón como valor fundamental nas nosas accións”, sinalou Mª Luz Couce.

O xurado do galardón recoñece ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) “por ser un exemplo da incorporación das mulleres ao mundo da ciencia; os tres institutos están dirixidos por mulleres e isto converte a Galicia nun referente neste ámbito”, sinalaron durante a cerimonia. Actualmente, só 10 dos 32 institutos do sector sanitario que están en funcionamento en España atópanse dirixidos por mulleres, “polo que o IDIS constitúe un exemplo de incorporación da perspectiva de xénero á investigación sanitaria”, sinalaron.

O acto estivo presidido pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a Directora Xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana; e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; entre outras personalidades. Ademais dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, as Medallas Emilia Pardo Bazán foron concedidas á Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e a Rosa Celia Otero Graña, presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña.

Unha precursora do feminismo

Emilia Pardo Bazán foi precursora na defensa dos dereitos das mulleres e do feminismo, así como do acceso á educación das mulleres, ideas que trasladou á súa obra literaria. A directora científica do IDIS, Mª Luz Couce Pico, quixo recoñecer o labor da autora galega polo seu traballo e pensamento que tiveron “un gran impacto na loita pola igualdade entre homes e mulleres, desafiando as convecciones sociais da época e abrindo un camiño para o feminismo”, sinalou.

“A inferioridade do sexo feminino é un feito universal e lamentable, pero temporal; esta frase reflicte a esperanza da escritora en que a situación de inferioridade das mulleres do seu momento non duraría por sempre, sendo algo que se superaría co tempo e o esforzo. Quizais se non fóra por todo o seu empeño, hoxe non estariamos a falar de centros de investigación biomédica punteiros con participación igualitaria entre mulleres e homes e con liderado feminino”, concluíu a directora científica.

O IDIS, eixo da investigación sanitaria

O IDIS consolídase como eixo da investigación sanitaria galega e un dos grandes institutos de investigación biomédica de España acreditados polo Instituto de Saúde Carlos III desde 2010, que aproveita as sinerxias entre a área sanitaria de Santiago e Barbanza, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela. Durante o seu discurso, a directora científica salientou o enorme poder competitivo do Instituto, que conta con máis de 1300 profesionais integrados en 112 grupos de investigación. “O noso Instituto é unha referencia internacional no seu ámbito, pola crecente captación de recursos e produción científica”, en palabras da Dra. Couce.

Segundo os datos presentados na última memoria anual, o IDIS obtivo unha captación de fondos que supera os 50 millóns de euros (52.309.190€) en actividades de investigación. “Seguimos nun período de crecemento no que pretendemos potenciar a investigación traslacional, fomentando a colaboración entre investigadores para poder levar a cabo unha ciencia excelente e tendo en conta a cooperación; porque somos conscientes de que o éxito nunca pertence a unha soa persoa, é un equipo de profesionais que traballan con ilusión e afán de mellora”, sinalou a directora.

Máis información sobre o IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Salud Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigación, 50 M€ de fondos captados no último ano, o IDIS contribúe co seu labor a incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

La investigadora Sara Pischedda, del grupo GenPoB-GenViP del IDIS, aborda en su trabajo el virus metapneumovirus humano (hMPV), una de las causas más frecuentes de hospitalización infantil por infecciones respiratorias.
Laura Muinelo Romay, investigadora del grupo Oncología Médica Traslacional del IDIS, fue otra de las galardonadas por un trabajo sobre resistencia a inmunoterapia en tumores digestivos y ginecológicos.

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.