Tomás Sobrino incorpórase a Galzheimer Care para abrir novas liñas de traballo sobre a enfermidade

21 Setembro 2026

O investigador únese á entidade que xurdiu do proxecto iniciado polo Grupo Hospitalario de Apoio ao Coidador do Hospital Clínico de Santiago en 2019

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026.– O líder do grupo Neuroenvellecemento do IDIS, Tomás Sobrino, incorporouse á asociación Galzheimer Care para reforzar a súa vertente científica e abrir novas liñas de traballo en torno ao Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas.

“A súa experiencia permitiranos seguir achegando a investigación e o coñecemento científico ás necesidades reais das persoas con Alzheimer e, tamén, das súas familias e coidadores”, asegurou a entidade con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora este luns, 21 de setembro, para lembrar o impacto que esta enfermidade ten en quen a padecen e tamén nas persoas que coidan. Un labor que, lembran, ”se prologa durante anos e esixe información, formación, acompañamento e ferramentas”.

Así mesmo, desde Galzheimer Care reivindican a necesidade de contemplar a enfermidade desde unha perspectiva “integral”, xa que transforma a vida de quen recibe o diagnóstico, pero tamén a de toda a súa contorna. Por iso, a entidade afirmou que avanzar na investigación resulta “imprescindible”, pero tamén o é acompañar as familias e proporcionarlles coñecemento e ferramentas durante todo o proceso.

 

Más noticias

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Uno de cada doce pacientes con cáncer de próstata de alto riesgo presenta alteraciones genéticas hereditarias relevantes

Los resultados revelan que la presencia de determinadas alteraciones genéticas se asocia con diferencias en la evolución de la enfermedad. Es la principal conclusión de un estudio realizado por investigadores del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, la Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica y el Complejo Hospitalario Universitario de Santiago

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.