O investigador do IDIS Roberto Piñeiro recibe unha das axudas da AECC a novos proxectos de investigación

22 Febreiro 2024

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024. – Este xoves, 22 de febreiro, entregaranse na sede do Colexio de Médicos da Coruña as bolsas de investigación da Asociación Española Contra o Cancro 2023 concedidas nesta provincia. Entre os proxectos que mereceron esta axuda destaca o presentado polo doutor Roberto Piñeiro Cid, do IDIS co título “Análise ómica do cancro de mama metastásico mediante biopsia líquida para un medicamento personalizado”.

“O cancro de mama é a primeira causa de morte por cancro en mulleres en España, o que revela o impacto social e económico da enfermidade”, sinala o doutor Piñeiro. O investigador do IDIS explica que “no cancro de mama luminal, cando se detectan metástases, a taxa de supervivencia aos 5 anos é do 32% e, a pesar das melloras realizadas na última década en prevención, diagnóstico e tratamento”, “a enfermidade metastásica segue sendo difícil de tratar debido á capacidade dalgunhas células tumorais de adaptarse aos tratamentos grazas aos cambios moleculares que sofren”.

Mellorar os tratamentos e a supervivencia dos pacientes

Para o persoal investigador, o reto agora mesmo é desenvolver novas estratexias personalizadas para mellorar o manexo clínico e os resultados dos pacientes con cancro de mama metastásico luminal, mediante a xeración de coñecemento único sobre os mecanismos de resistencia.

“É necesario comprender os mecanismos moleculares de adaptación tumoral e poder identificar os marcadores pronósticos e predictivos que orienten aos oncólogos durante o tratamento”, explica o doutor Piñeiro Cid. “Este coñecemento permitirá adaptar o tratamento en función dos cambios moleculares do tumor e anticipar a aparición de resistencias, axustando as terapias en momentos máis temperáns, cando a ganancia é maior para os pacientes”, sinala a investigadora.

Os resultados deste proxecto tamén axudarían a desenvolver novas probas de biopsia líquida para a súa aplicación na clínica. “Prevemos a posibilidade de desenvolver unha proba diagnóstica baseada nun panel de marcadores moleculares con poder pronóstico e predictivo para estes pacientes para o seu uso na clínica”.

Ese é o traballo no que está inmerso o investigador do IDIS e que contou coa axuda da AECC. “O noso obxectivo é utilizar estes coñecementos para axudar a tomar decisións terapéuticas que permitan unha intervención máis personalizada que mellore significativamente o manexo e a supervivencia das pacientes con cancro de mama metastásico luminal”, explica Roberto Piñeiro.

Impacto social e científico esperado da proposta

Segundo os datos da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM), estímase que en 2022 se diagnosticarán en España 34.750 casos de cancro de mama. Entre un 5 e un 6% dos pacientes presentan metástases no momento do diagnóstico, o que supón entre 1.700 e 2.000 novos pacientes con metástasis. Se a isto lle engadimos que o 30% dos casos diagnosticados na fase inicial avanzarán a enfermidade metastásica, temos un claro exemplo do impacto social desta enfermidade. E isto é especialmente relevante no cancro de mama de subtipo luminal, que representa o 70% dos tumores de mama.

Máis información sobre IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigación, 43,5 M€ de fondos recadados no último ano, o IDIS contribúe co seu traballo ao incremento do coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

O grupo Xenética Psiquiátrica do IDIS descobre patróns xenéticos compartidos e diferenciais entre trastornos mentais mediante unha abordaxe estatística novidosa en psiquiatría

Este método, guiado polos datos, poderá axudar a mellorar a identificación en etapas iniciais dunha forma máis obxectiva e a comprender a presenza de distintos trastornos nunha mesma persoa

O principal beneficio potencial para clínicos e pacientes é avanzar cara a unha psiquiatría máis personalizada, na que as decisións diagnósticas e terapéuticas poidan adaptarse mellor ás características de cada persoa

ler máis
A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

A investigadora Sonia Eiras recibe o VII Premio Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu traballo sobre graxa epicárdica inflamada e anuncia a creación dun grupo multidisciplinar para acelerar a investigación

O traballo premiado afonda no coñecemento dos factores que favorecen a acumulación de graxa epicárdica inflamada para desenvolver métodos diagnósticos sinxelos e accesibles que permitan identificala precozmente e deseñar novas estratexias de prevención e tratamento
Acompañaron a premiada o presidente do Parlamento de Galicia e a alcaldesa de Santiago, ademais do presidente da Fundación Pública Galega IDIS, Ángel Facio e a directora científica do IDIS, M.ª Luz Couce

ler máis