Pesar no IDIS polo falecemento da investigadora líder do grupo de Bioestatística, Carmen Cadarso

7 Xuño 2022

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2022. O grupo de Bioestatística do IDIS perdeu a súa investigadora principal, a Doutora Carmen Cadarso Suárez, que faleceu deixando  un profundo pesar en todo o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Carmen Cadarso, era licenciada en Matemáticas, e doutora pola Universidade de Santiago coa tese ‘Nuevos aportes en la estimación paramétrica y no paramétrica de la regresión con datos censurados’ no ano 1990. Desde ese momento, iniciou unha carreira docente e investigadora na área estatística da Facultade de Medicina da USC que a levou a dirixir 13 teses doutorais e formar parte de 23 tribunais. Especialista en Modelos de Regresión Flexibles e Joint Modeling para datos lonxitudinais e de supervivencia, con dilatada experiencia en metodoloxías estatísticas de aplicación clínica e epidemiolóxica. Coautora de máis de 200 publicacións en revistas científicas. Coordinadora da Rede Nacional de Bioestatística_BIOSTATNET, rede de excelencia (Ministerio de Ciencia e Innovación), directora do Centro Interdisciplinar de Bioestatística (USC) e promotora de Biostatech, spin off da USC.

Durante 30 anos foi docente del Departamento de Estatística, Análise, Matemática e Optimización, tanto no grao de Medicina, como en diversos másters e programas de doutorado. Como investigadora no IDIS, estaba a cargo do grupo de Bioestatística desde o ano 2010, un grupo interdisciplinar de proxección internacional e, desde 2016, recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia.

Todo o equipo do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela lamenta a perda non só dunha profesional investigadora de referencia internacional, senón dunha líder e compañeira excelente, e acompaña na dor a á familia e amigos máis achegados.

 

Más noticias