Epixenómica

PLATAFORMAS DE APOIO COMÚN
Equipamento
  • Equipo NextSeq500 (Illumina) para secuenciación masiva (NGS)
  • Sistema de microarrays HiScan (Illumina)
  • Pirosecuenciador PyroMark Q24 (Qiagen)
  • Equipo de PCR en tempo real StepOne (Applied Biosystems)

Como complemento ó noso equipamento, contamos con outros equipos dispoñibles na nosa institución (IDIS), así como o acceso ó equipo de PCR dixital QX200 (Bio-Rad) da Unidade de Análises de Biopsia Líquida do IDIS.

Descrición

A Epixenómica contribúe a resolver múltiples procesos biolóxicos relacionados co desenvolvemento de enfermidades e é de gran utilidade no campo da medicina persoalizada. A Unidade de Epixenómica, creada coa colaboración entre a área de Endocrinoloxía e Nutrición e a área de Oncoloxía do IDIS e en consorcio entre a FIDIS e o CIBER Fisiopatoloxía da Obesidade e Nutrición (CIBERobn), ten como obxectivo proporcionar axuda e soporte ós grupos de investigación e á industria a nivel nacional e internacional na realización de estudos epixenómicos, a nivel de xenes concretos oou do epixenoma.

Aplicacións da tecnoloxía
Os estudos epixenéticos levados a cabo na Unidade de Epixenómica aportarán valor a cualquera proxecto preclínico ou clínico que pretenda estudar os mecanismos moleculares implicados no desenvolvemento de diferentes tipos de enfermidades. Estos estudos poden ser tanto a pequena escala, para estudar marcas epixenéticas en xenes individuais ou paneis de xenes, como a gran escala, realizando un análise máis amplo do epixenoma. Estas análises levadas a cabo na Unidade de Epixenómica axudarán a identificar ou avaliar marcas epixenéticas con utilidade clínica tanto en mostras celulares e de tecidos conxelados ou en parafinas, como en biopsia líquida de diferentes fluídos biolóxicos. Así, os resultados obtidos serán útiles no campo da farmacoepixenómica, a nutriepixenómica e a medicina persoalizada.

Servizos

A nosa Unidade de Epixenómica ofrece soporte e axuda en diferentes fases do estudo epixenómico:

  • Asesoramento e axuda no deseño do estudo.
  • Preparación e procesamento de mostras biolóxicas.
  • Realización de diferentes tipos de metodoloxías epixenéticas e/ou epixenómicas
  • Análises, interpretación e entrega de resultados.
Tarifas

Tarifas sen IVE.

Contacto

Ana B. Crujeiras / Angel Díaz-Lagares

anabelencrujeiras@hotmail.com
angel.diaz.lagares@sergas.es

 

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.