Quen somos
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) é un centro de investigación biomédica de marcado carácter traslacional que aproveita as sinerxias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para impulsar, promover e fomentar a investigación de excelencia, o coñecemento científico e tecnolóxico e a súa posterior translación ao sector produtivo, así como a docencia e a formación e sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da poboación.
Constituíuse o 31 de xaneiro de 2008, mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela e está acreditado desde marzo de 2010 como centro de investigación do Sistema Nacional de Saúde, polo Instituto de Salud Carlos III, renovando dita acreditación cada 5 anos: 18 de maio de 2015, 10 de marzo de 2020 e 10 de marzo de 2025.
Na actualidade 1395 persoas intégranse en 113 grupos de investigación, organizados á súa vez en 7 áreas de investigación: (A001) Oncoloxía, (A002) Xenética e Bioloxía de Sistemas, (A003) Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo, (A004) Neurociencias e (A005) Plataformas e Metodoloxía, (A006) Cardiovascular e (A007) Infectoloxía, Inflamación e Vacinas.
profesionais
grupos de investigación
áreas de investigación
No ano 2024 publicáronse 1091 artigos científicos orixinais, editoriais e críticas en 603 revistas internacionais indexadas no Journal Citation Report cun índice de impacto total de 7.012,6 puntos e un índice de impacto medio de 6,4 puntos. Do total de publicacións, 742 están no Q1 e delas, 321 están no D1. 49.925.087 € recadáronse en 137 proxectos de investigación en concorrencia competitiva, 95 axudas de RRHH, 378 estudos clínicos e 643 contratos e convenios de colaboración.
No ámbito docente, os investigadores do IDIS realizaron un intenso traballo dirixindo 109 teses de doutoramento.
publicacións no ano 2024
publicacións en Q1
publicacións en D1
Memoria de actividades
Misión
Somos un centro de investigación biomédica traslacional que integra profesionais cun único obxectivo: mellorar a saúde da cidadanía.
Visión
Consolidarnos como centro de referencia a nivel estatal e internacional na abordaxe innovadora dos grandes retos da poboación no ámbito da saúde, potenciando en todo momento a traslación de resultados de alto impacto á sociedade.
Valores
- Integración e colaboración
- Comunicación e Transparencia
- Liderado e excelencia investigadora
- Innovación e orientación á transferencia de resultados
- Responsabilidade con e para a Sociedade.