Ángel Carracedo Álvarez
Coordinador da área A002 - Xenética e bioloxía de sistemas. Investigador líder do grupo C005 - Xenética
Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) desde 1989. Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Servizo Galego de Saúde-Xunta de Galicia) desde 1997, Director do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII desde 2002.
Nun primeiro paso da súa carreira, a actividade de Ángel Carracedo adicouse principalmente á xenética forense e de poboacións, convertíndose nun destacado xenetista forense, sendo pioneiro no uso das novas tecnoloxías na identificación forense e creando un centro onde se forman científicos visitantes de todo o mundo. O seu grupo lidera a produción científica na área SCI de ciencias legais e forenses a nivel mundial, Director do Instituto de Medicina Legal (USC) de 1995 a 2015. Dende 2002 traballa tambén na área de xenética clínica onde puxo en marcha a Fundación Galega de Medicina Xenómica (actual director). Este centro está realizando a maior parte das análises de xenética molecular e citoxenética solicitados polo Sistema de Saúde de Galicia, dando cobertura a unha poboación de 3,5 millones de habitantes e sendo un dos servizos xenéticos públicos máis importantes de España. A maior parte da investigación recente de AC agora concéntrase principalmente na xenética dos trazos mendelianos e complexos e, en particular, nos trastornos psiquiátricos. É coordinador do proxecto IMPACT (ISCIII) e do grupo espello da 1+M Genome Initiative e participou en máis de 20 proxectos internacionais (coordinando 7 deles).