Mabel Loza García

Investigadora líder do grupo C026 BIOFARMA

Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrática de Farmacoloxía da USC e coordinadora do grupo de investigación BioFarma.
Participou activamente en programas de I+D de fármacos con diferentes empresas nos cales, 15 novas entidades químicas (NEQ), chegaron a ensaios clínicos.
Autora de máis de 210 artigos publicados en revistas, e máis de 200 comunicacións a congresos. Participante en máis de 100 proxectos de investigación financiados por institucións públicas e privadas.
Como emprendedora promoveu a creación de varias compañías, creou a plataforma de cribado de fármacos de farmacoxenómica INNOPHARMA da USC, é Patrona fundadora e directora científica xunto con Ángel Carracedo da Fundación privada sen ánimo de lucro KÆRTOR, e lidera a Rede Galega e Española de Descubrimento de Fármacos (REGID e REDEFAR). É ademáis a representante científica española do Consorcio Europeo de Infraestruturas de investigación ERIC EU-OPENSCREEN.