Olalla Maroñas Amigo

Investigadora líder do grupo E061 - Farmacoxenómica e descubrimento de fármacos (GenDeM)

Investigadora Asociada en Farmacoxenética en Cegen – Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica onde desenvolve tarefas asistenciais. Investigador principal en proxectos translacionais competitivos en Farmacoxenética en psiquiatría (incluídas adiccións) e cardioloxía. Co-coordinadora do Plan Galego de Saúde Mental, que avalía os beneficios das probas farmacoxenéticas na práctica clínica e que foi galardoado co Premio de Innovación Clínica (SEPSM, XXV Congreso Nacional de Psiquiatría). Coordinadora de Ensaios de Competencia en Farmacoxenética que busca determinar a calidade analítica e implantar normas que harmonicen a actividade dos laboratorios que traballan en Farmacoxenética a nivel nacional. Responsable da Unidade de Farmacoxenética destinada a prestar servizos a investigadores a nivel nacional e internacional. Forma parte do Grupo de Traballo de Regulación Farmacoxenética (SEFF), da AEGH e do CIBERER.

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.