Un traballo do IDIS sobre a formación de escolares no uso do DESA recibe un dos premios estatais de investigación Ciudad de Sevilla

6 Outubro 2026

O traballo foi dirixido polos investigadores do grupo SICRUS Antonio Rodríguez e Aida Carballo

Santiago de Compostela, 5 de octubre de 2026.- Un traballo de Carmen García Rodríguez, dirixido polos investigadores do grupo SICRUS do IDIS Antonio Rodríguez Núñez e Aida Carballo Fazanes, recibiu o ‘Premio Enfermería Joven al Mejor Trabajo Fin de Grado 2025’, no marco dos galardóns estatais de investigación Ciudad de Sevilla, entregados polo Ilustre Colegio Oficial de Enfermería (ICOES).

O traballo titulado Materiales didácticos innovadores para la formación a escolares en el uso del desfibrilador externo semiautomático analiza a utilización de materiais didácticos adaptados ao alumnado escolar (DESA-Cube e DESA-Vídeo) para a formación no uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA).

No estudo participaron 282 escolares, que recibiron formación tradicional ou formación mediante dous materiais innovadores: DESA-Cube, un crebacabezas mecánico tridimensional, e DESA-Vídeo, un vídeo guiado. Os resultados mostraron un bo nivel de aprendizaxe xeral, con máis do 80 % dos participantes realizando correctamente a maioría dos pasos recomendados. Ademais, observáronse diferenzas significativas no inicio inmediato da reanimación cardiopulmonar, con mellores resultados no grupo que utilizou o vídeo. “Os resultados apuntan a que estes materiais adaptados ao desenvolvemento cognitivo dos escolares poden constituír alternativas viables e efectivas á formación tradicional, aínda que determinadas habilidades requiren reforzo independentemente da metodoloxía empregada”, explica a investigadora.

Carmen García Rodríguez atópase actualmente en proceso de matrícula nun programa de doutoramento da USC (Investigación Clínica en Medicina), co obxectivo de dar continuidade á súa liña de investigación. Ademais, continúa colaborando co grupo de investigación CLINURSID da USC, ao que pertencen os seus titores. Actualmente estanse a avaliar os resultados a longo prazo da intervención tras nove meses da formación inicial.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.