Un traballo do IDIS sobre a formación de escolares no uso do DESA recibe un dos premios estatais de investigación Ciudad de Sevilla

5 Outubro 2026

O traballo foi dirixido polos investigadores do grupo SICRUS Antonio Rodríguez e Aida Carballo

Santiago de Compostela, 5 de octubre de 2026.- Un traballo de Carmen García Rodríguez, dirixido polos investigadores do grupo SICRUS do IDIS Antonio Rodríguez Núñez e Aida Carballo Fazanes, recibiu o ‘Premio Enfermería Joven al Mejor Trabajo Fin de Grado 2025’, no marco dos galardóns estatais de investigación Ciudad de Sevilla, entregados polo Ilustre Colegio Oficial de Enfermería (ICOES).

O traballo titulado Materiales didácticos innovadores para la formación a escolares en el uso del desfibrilador externo semiautomático analiza a utilización de materiais didácticos adaptados ao alumnado escolar (DESA-Cube e DESA-Vídeo) para a formación no uso do desfibrilador externo semiautomático (DESA).

No estudo participaron 282 escolares, que recibiron formación tradicional ou formación mediante dous materiais innovadores: DESA-Cube, un crebacabezas mecánico tridimensional, e DESA-Vídeo, un vídeo guiado. Os resultados mostraron un bo nivel de aprendizaxe xeral, con máis do 80 % dos participantes realizando correctamente a maioría dos pasos recomendados. Ademais, observáronse diferenzas significativas no inicio inmediato da reanimación cardiopulmonar, con mellores resultados no grupo que utilizou o vídeo. “Os resultados apuntan a que estes materiais adaptados ao desenvolvemento cognitivo dos escolares poden constituír alternativas viables e efectivas á formación tradicional, aínda que determinadas habilidades requiren reforzo independentemente da metodoloxía empregada”, explica a investigadora.

Carmen García Rodríguez atópase actualmente en proceso de matrícula nun programa de doutoramento da USC (Investigación Clínica en Medicina), co obxectivo de dar continuidade á súa liña de investigación. Ademais, continúa colaborando co grupo de investigación CLINURSID da USC, ao que pertencen os seus titores. Actualmente estanse a avaliar os resultados a longo prazo da intervención tras nove meses da formación inicial.

Más noticias

Un de cada doce pacientes con cancro de próstata de alto risco presenta alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un de cada doce pacientes con cancro de próstata de alto risco presenta alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Os resultados revelan que a presenza de determinadas alteracións xenéticas asóciase con diferenzas na evolución da enfermidade

É a principal conclusión dun estudo realizado por investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.