De conformidade coas bases da convocatoria, a Comisión de Selección, formada por membros da Comisión de Innovación e Transferencia do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, realizou unha valoración individualizada das solicitudes recibidas, correspondentes ás publicacións admitidas entre xaneiro e marzo de 2026.
A Comisión de Selección RESOLVE CONCEDER o premio, a Cápsula de Animación Científica Innova-IDIS e un certificado, á seguinte candidatura presentada por Andrés Pazos Pérez:
Título: Regulation of Inflammation and Osteogenic–Adipogenic Balance on Titanium Surfaces: A Systematic Evaluation of LIPSS
Autores/as do traballo: Andrés Pazos-Pérez, María Piñeiro-Ramil, Ana Alonso-Pérez, María Guillán-Fresco, Miriam López-Fagúndez, Verónica López, Carolina Viana-Giorno, Daniel Nieto, Rodolfo Gómez, Alberto Jorge-Mora.
Revista: Applied Surface Science Advances



