O IDIS desenvolve un modelo que predí a resposta ao tratamento de inmunoterapia en doentes de cancro de pulmón non microcítico

18 Setembro 2024

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024.- Predicir que pacientes responderán a un tratamento é decisivo na abordaxe do cancro. Co fin de mellorar a superviviencia e calidade de vida dos afectados por cancro de pulmón non microcítico metastásico, o equipo investigador do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do IDIS acaba de publicar un artigo na revista Molecular and cellular proteomics que investiga a identificación dunha firma proteómica que proporcione información para predicir a resposta á inmunoterapia nesta patoloxía.

Durante o estudo, o grupo investigador analizou o valor preditivo que presentan as proteínas diferencialmente expresadas en pacientes con cancro de pulmón non microcítico metastásico en función da resposta que presentaron ao tratamento. No proxecto participou o persoal investigador do IDIS: Patricia Mondelo, Jorge García, Luis León Mateos, Alicia Abalo, Susana Bravo, María del Pilar Chantada, Laura Muinelo, Rafael López y, como últimos firmantes, Roberto Díaz y Ana Belén Dávila.

As análises destas proteínas realizáronse mediante unha metodoloxía coa que conta a plataforma de proteómica do IDIS, que permite a análise masiva de proteínas en plasma, denominada SWATH-MS. Dita metodoloxía permitiu identificar 324 proteínas expresadas de forma diferencial entre pacientes respondedores e non respondedores á inmunoterapia.

Predicir a resposta á inmunoterapia

Actualmente, a expresión do ligando de morte programada 1 (PD-L1) é o único biomarcador utilizado en clínica para predicir a resposta da inmunoterapia neste tipo de pacientes. Con todo, a expresión de PD-L1 presenta baixa eficacia preditiva, pois só arredor do 30 %  de doentes con cancro de pulmón non microcítico, que presentan de inicio unha alta expresión de PD-L1, mostra unha boa resposta á inmunoterapia” explica Ana Belén Dávila, unha das autoras principais do estudo e responsable da liña de traballo de nano-oncoloxía de Oncomet.

O equipo investigador do IDIS desenvolveu un modelo composto por unha combinación de sete proteínas, Este conxunto de 7 proteínas mostrou un valor máis alto para predicir a resposta á inmunoterapia que o biomarcador actual, na cohorte de pacientes analizada. “As análises de supervivencia mostraron que niveis baixos de tres destas proteínas, asócianse cunha supervivencia libre de progresión e unha supervivencia global máis prolongada destes pacientes, mentres que os niveis baixos doutra destas proteínas asociábanse cunha peor supervivencia global”, sinala a investigadora.

Más información sobre o IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III xa desde o 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1338 investigadores, 105 grupos de investigación, 50 M€ de fondos captados no último ano, o IDIS contribúe co seu labor para incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

Talento investigador del IDIS premiado por la Fundación Astrazeneca

La investigadora Sara Pischedda, del grupo GenPoB-GenViP del IDIS, aborda en su trabajo el virus metapneumovirus humano (hMPV), una de las causas más frecuentes de hospitalización infantil por infecciones respiratorias.
Laura Muinelo Romay, investigadora del grupo Oncología Médica Traslacional del IDIS, fue otra de las galardonadas por un trabajo sobre resistencia a inmunoterapia en tumores digestivos y ginecológicos.

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.