AC20 – Investigación Traslacional de Enfermidades da Vía Aérea

Obxectivos e liñas de investigación

Obxectivos

Obxectivo 1. Descubrimento de biomarcadores moleculares (proteínas, miRNAs) para o diagnóstico, pronóstico, e resposta a tratamentos en subgrupos de pacientes (distintos fenotipos e endotipos) con distintas enfermidades respiratorias (asma, EPOC, rinite) en mostras non invasivas (fluídos biolóxicos como soro/plasma, orina) mediante técnicas proteómicas e transcriptómicas.

Obxectivo 2. Estudar os cambios en subpoboacións leucocitarias circulantes (biomarcadores celulares) relacionados con subgrupos específicos de pacientes (fenotipos e endotipos) con distintas enfermidades respiratorias, así como cambios en resposta a tratamento.

Obxectivo 3: Análise de exacerbacións, así como dos factores de risco asociados a asma, EPOC, rinite e outras enfermidades respiratorias crónicas.

Liñas de investigación

O contido en biomoléculas (proteínas, miRNAs, etc) dos exosomas podería ser diferente en función de: a) as características da enfermidade asmática ou b) a cantidade de CD26 na superficie destas vesículas. Isto podería ser de utilidade para diferenciar a gravidade, fenotipo ou endotipo de asma, identificar novas vías patolóxicas e predecir a resposta ós tratamentos.
Os diferentes fenotipos moleculares e endotipos asmáticos presentan mecanismos patoxénicos e fisiopatolóxicos específicos que se traducen en alteracións de diferentes proteínas. Estas alteracións veranse reflexadas no proteoma de soro e urinario, que serán dependentes do fenotipo/ endotipo asmático.
Mepolizumab ( Nucala®) é un anticorpo monoclonal humanizado anti interleucina 5 (IL-5). Os niveis de certas biomoléculas de eosinófilos poderían relacionarse coa falta de resposta a este fármaco, ou ben modificarse en canto o seu estado de activación, capacidade migratoria, funcións biolóxicas (reguladora ou efectora) ou de composición da subpoboación celular inducidos polo mepolizumab. Estas biomoléculas (proteínas, mRNA) poderían ser empregadas como marcadores predictores da resposta a este fármaco.
Os pacientes con asma eosinofílica grave poderían ter aumentada a concentración en soro da familia IGF ( IGF-1, IGF- BP3, IGF- ALS), e o tratamento con mepolizumab podería reducir estos niveis. Deste modo, os diferentes membros deste grupo de proteínas poderían ser empregados como biomarcadores de resposta a mepolizumab xunto con outros como ol número de eosinófilos e o número de exacerbacións.
Análise das características dos pacientes con asma en práctica clínica habitual. Identificación de parámetros (datos clínicos, sociodemográficos e biomarcadores) con capacidade pronóstica. En colaboración con outras 3 áreas sanitarias (Hospital Vall d´ Hebron-Barcelona. Hospital Virgen de él Rocío-Sevilla e Hospital Marqués de Valdecilla-Santander) e 16 centros de saúde de cada área sanitaria.
Análise do impacto de factores psicolóxicos na gravidade, control e pronóstico da asma; así como impacto da asma en aspectos psicolóxicos dos pacientes (Colaboración co Departamento de Psicoloxía Evolutiva da Universidade de Santiago de Compostela. Profesor: David Facal Mayo). Nesta liña será darlle continuidade ó proxecto “Efecto da idade, a expresión emocional e o control da asma na eficacia dun entrenamento do control da atención baseado en mindfulness en pacientes adultos asmáticos”, (bolsa SEPAR 134/2017)
Incidencia, características e factores de risco de asma, dermatite e rinite infantil. Nesta liña strátase de darlle continuidade ós estudos xa realizados coa metodoloxía do estudo ISAAC (http://isaac.auckland.ac.nz/). Estes traballos deron lugar a algunhas teses doctorais e diversas publicacións. Neste momento en fase de análise e redacción o correspondente a rinite, que debe dar lugar a unha tese doutoral xa matriculada na Universidade de A Coruña

 

Equipo investigador

Líder

Francisco Javier González Barcala

 

Investigador (establecido ou asociado)

María Pilar Arias Crespo

Francisco Javier Salgado Castro

Juan José Nieto Fontarigo

 

 

Posdoutorais

Christian Calvo Henríquez

Ana Faraldo García

Gabriel Adolfo Martínez Capoccioni

Carlos Rábade Castedo

Predoutorais

Laura Martelo Vidal

Pablo Miguéns Suárez

Sara Vázquez Mera

 

Proxectos

Publicacións
  • Porsbjerg C, Nieto-Fontarigo JJ, Cerps S, Ramu S, Menzel M, Hvidtfeldt M, Silberbrandt A, Froessing L, Klein D, Sverrild A, Uller L. Phenotype and severity of asthma determines bronchial epithelial immune responses to a viral mimic. Eur Respir J. 2021 Dec 16:2102333. doi: 10.1183/13993003.02333-2021. Online ahead of print. PMID: 34916261
  • Nieto-Fontarigo JJ, González-Barcala FJ, Andrade-Bulos LJ, San-José ME, Cruz MJ, Valdés-Cuadrado L, Crujeiras RM, Arias P, Salgado FJ. iTRAQ-based proteomic analysis reveals potential serum biomarkers of allergic and nonallergic asthma. Allergy. 2020 Dec;75(12):3171-3183. doi: 10.1111/all.14406. Epub 2020 Jul 3. PMID: 32424932
  •  Nieto-Fontarigo JJ, Salgado FJ, San-José ME, Cruz MJ, Valdés L, Pérez-Díaz A, Arias P, Nogueira M, González-Barcala FJ. Expansion of different subpopulations of CD26-/low T cells in allergic and non-allergic asthmatics. Sci Rep. 2019 May 17;9(1):7556. doi: 10.1038/s41598-019-43622-8. PMID: 31101830.
  • Baptista-Serna L, Rodrigo-Muñoz JM, Mínguez P, Valverde-Monge M, Arismendi E, Barranco P, Barroso B, Bobolea I, Cañas JA, Cárdaba B, Cruz MJ, Curto E, Domínguez-Ortega J, García-Latorre R, González-Barcala FJ, Martínez-Rivera C, Mullol J, Muñoz X, Olaguibel JM, Picado C, Plaza V, Quirce S, Rial MJ, Sastre B, Soto L, Valero A, Del Pozo V, Sastre J. J  Anxiety and body mass index affect asthma control: data from a prospective Spanish cohort. J Allergy Clin Immunol Pract. 2021 Oct 18:S2213-2198(21)01130-2. doi: 10.1016/j.jaip.2021.10.013. Online ahead of print. PMID: 34673289
    Mallah N, Turner JM, González-Barcala FJ, Takkouche B. Gastroesophageal reflux disease and asthma exacerbation: A systematic review and meta-analysisPediatr Allergy Immunol. 2021 Aug 27. doi: 10.1111/pai.13655. Online ahead of print. PMID: 34448255
  • Martínez-Gestoso S, García-Sanz MT, Calvo-Álvarez U, Doval-Oubiña L, Camba-Matos S, Salgado FJ, Muñoz X, Perez-Lopez-Corona P, González-Barcala FJ. Variability of blood eosinophil count and prognosis of COPD exacerbations.  Ann Med. 2021 Dec;53(1):1152-1158. doi: 10.1080/07853890.2021.1949489. PMID: 342696337.
  • Mallah N, Rodriguez-Segade S, Gonzalez-Barcala FJ, Takkouche B. Blood eosinophil count as predictor of asthma exacerbation. A meta-analysisPediatr Allergy Immunol. 2021 Apr;32(3):465-478. doi: 10.1111/pai.13403. Epub 2020 Nov 19. PMID: 33135257
  • Rial MJ, Valverde M, Del Pozo V, González-Barcala FJ, Martínez-Rivera C, Muñoz X, Olaguibel JM, Plaza V, Curto E, Quirce S, Barranco P, Domínguez-Ortega J, Mullol J, Picado C, Valero A, Bobolea I, Arismendi E, Ribó P, Sastre J. Clinical characteristics in 545 patients with severe asthma on biological treatment during the COVID-19 outbreak.  J Allergy Clin Immunol Pract. 2021 Jan;9(1):487-489.e1. doi: 10.1016/j.jaip.2020.09.050. Epub 2020 Oct 9. PMID: 33045398