O Dr. Miguel A. Caínzos recibe un recoñecemento internacional pola súa contribución á cirurxía española

12 Novembro 2026

O Capítulo Español do American College of Surgeons homenaxeou o investigador do IDIS polo seus seis anos como Governor e o seu liderado internacional

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026.– Miguel Ángel Caínzos Fernández, investigador líder do grupo C002–Cirurxía: Avances e Complicacións do IDIS, recibiu un recoñecemento do Capítulo Español do American College of Surgeons (ACS), unha das sociedades científicas cirúrxicas de maior relevancia internacional, pola súa traxectoria institucional e a súa contribución ao desenvolvemento da cirurxía española.

A homenaxe tivo lugar o 4 de novembro en Madrid, durante a celebración do 36.º Congreso da Asociación Española de Cirurxía (AEC), que se desenvolveu entre os días 2 e 5 de novembro e constitúe un dos principais encontros científicos da especialidade de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo en España.

Durante o acto, o Capítulo Español do American College of Surgeons fixo entrega ao profesor Caínzos dunha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor durante seis anos como Governor desta institución. A distinción destaca especialmente o seu liderado e a súa contribución ao desenvolvemento e a proxección da cirurxía española.

A súa traxectoria dentro do American College of Surgeons estivo vinculada tamén a importantes responsabilidades de coordinación internacional. Durante dous anos, o profesor Caínzos foi o xefe da Rexión 15 da organización, que comprende os 12 Capítulos europeos do ACS. E durante un ano asumiu a dirección dos 42 Capítulos internacionais, ampliando así o seu ámbito de responsabilidade.

Este recoñecemento avala unha destacada traxectoria de participación e liderado nunha organización de referencia para a comunidade cirúrxica internacional, con presenza en numerosos países e unha importante actividade científica, profesional e institucional.

Desde o IDIS sumamos a iso o labor do Dr. Caínzos Fernández no ámbito da investigación cirúrxica. A súa actividade á fronte do grupo C002 contribúe ao impulso do coñecemento e ao avance da especialidade, nun contexto no que a investigación resulta fundamental para mellorar os procedementos, abordar as complicacións e favorecer a evolución da práctica clínica.

 

Más noticias

O IDIS acolle a presentación do congreso “Melloras para vivir 100 anos” e o balance do proxecto New Heart iniciado hai dous anos

O IDIS acolle a presentación do congreso “Melloras para vivir 100 anos” e o balance do proxecto New Heart iniciado hai dous anos

O proxecto europeo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal para mellorar a saúde cardiovascular de maneira integral nesta Eurorrexión fai balance e marca os retos futuros centrados en prevención, diagnóstico precoz e incorporación de novas tecnoloxías, como a IA, á práctica clínica

O 19 de novembro a Cidade da Cultura de Galicia acollerá un congreso sobre o envellecemento saudable e a transición da cardioloxía tradicional cara a un modelo preventivo e intelixente combinando visión clínica, innovación tecnolóxica e retos de saúde pública

ler máis
Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.