O IDIS colabora con Caixa Rural no financiamento de axudas predoutorais para proxectos de investigación en saúde

24 Xaneiro 2024

No programa de axudas predoutorais e posdoutorais do IDIS 2023, foron 9 as persoas beneficiarias para o desenvolvemento de proxectos de investigación dentro de grupos de investigación do Instituto, en total foron 2 axudas posdoutorais e 7 predoutorais. Este programa de axudas ten por obxecto a formación de persoal investigador no ámbito da biomedicina e ciencias da saúde, mediante a concesión, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, de axudas para a realización de teses doutorais e posdoctorales para o desenvolvemento de proxectos de investigación supervisada no marco dos grupos de investigación do IDIS.

Carlos Torrijos Pulpón recibiu a axuda predoutoral financiada por Caixa Rural Galega para o desenvolvemento do proxecto de investigación: “Papel da nova adipokina ‘sintasa de prostaglandina D2 tipo lipocalina’ (L-PGDS) na dexeneración do disco invertebral”. O investigador predoutoral integrarase dentro do grupo de investigación Interaccións Neuroendocrinas en Enfermidades Reumáticas e Inflamatorias (NEIRID) do IDIS, baixo a dirección do investigador líder do grupo, Oreste Gualillo.

Entrevista a Carlos Torrijos, investigador predoutoral do IDIS

  1. Fálanos da túa traxectoria académica e investigadora.

Despois da obtención do Grao en Bioloxía con mención sanitaria, matriculeime no master de Bioquímica, Bioloxía Molecular e Biomedicina na Universidade Complutense de Madrid. Grazas á realización das prácticas extracurriculares, achegueime ao mundo da investigación biomédica e realicei tanto o TFG como o TFM, no laboratorio de Biotecnoloxía de toxinas do Departamento de Bioquímica da Complutense. Ao rematar o TFM, grazas á miña formación adquirida tiven a oportunidade de gozar dun contrato de investigación financiado polo programa “INVESTIGO”. Finalizado este contrato, en setembro de 2023 participei á selección de candidatos para incorporar ao grupo NEIRID e, unha vez seleccionado, trasladeime a Santiago de Compostela co obxectivo de realizar a miña tese doutoral nun dos grupos de investigación de referencia internacional no ámbito das enfermidades inflamatorias e dexenerativas do sistema musculoesquelético.

  1. Que supuxo para ti esta beca de investigación de Caixa Rural?

Considero que se trata dunha excelente oportunidade que me permitirá realizar a tese doutoral cunha certa tranquilidade económica e que espero aproveitar ao máximo durante os próximos tres anos.

  1. En que consiste a túa tese?

A tese doutoral será articulada en varias etapas que consistirán tanto en mellorar a miña formación teórica de biólogo molecular como a miña formación experimental no deseño de estratexias terapéuticas e farmacoloxía experimental.

  1. Cal é o obxectivo principal do teu proxecto?

O obxectivo principal deste proxecto é determinar o papel da nova adipokina “sintasa de prostaglandina D2 tipo lipocalina” (L-PGDS) na dexeneración do disco intervertebral. As adipokinas demostraron ter un papel importante na fisiopatoloxía das enfermidades inflamatorias musculoesqueléticas, con todo, a súa implicación na dexeneración do disco intervertebral (IVDD) segue sendo en gran parte descoñecida. A prostaglandina D2 sintasa de tipo lipocalina (L-PGDS) é unha encima multifuncional con roles na inflamación, o metabolismo, a inmunidade. Aínda que se reportou que esta molécula ten implicacións na artrose, cunha suposta actividade protectora e antiinflamatoria, descoñécese o papel de L-PGDS en IVDD.

  1. Por que decidiches abordar esta liña de investigación?

A dexeneración discal intervertebral (IVDD) é unha patoloxía moi frecuente, que posúe, ademais, unha enorme repercusión socioeconómica. A IVDD afecta en Españá a catro millóns e medio de persoas, cunha prevalencia de case o 15 % na poboación de más de 20 anos. Os factores que inflúen na dexeneración do disco intervertebral son numerosos e moitos deles todavía descoñecidos. Sen terapias efectivas de modificación da enfermidade, e unha prevalencia crecente da mesma, a IVDD é un problema de saúde en constante aumento. O que máis me chamou a atención deste proxecto é que está orientado á comprensión dunha das enfermidades articulares más comúns: a IVDD e a súa asociación coa obesidade considerando non unicamente o incremento da carga biomecánica sobre a superficie do disco en particular, senón también a inflamación crónica de baixo grao xerada polas adipokinas, e mediada por factores de transcripción cruciais para o desenvolvemento e a progresión da enfermidade.

  1. Que agardas conseguir como investigador do grupo NEIRID?

O grupo NEIRID de Interaccións Neuroendocrinas en Enfermidades Inflamatorias e Reumáticas posúe unha ampla experiencia no campo da experimentación sobre as interferencias entre adipokinas, obesidade e artrose e dexeneración do disco intervertebral con modelos in vivo e in vitro, utilizando aproximacións de bioloxía e farmacoloxía celular e molecular. Todos os investigadores que realizaron as súas estancias científicas no laboratorio NEIRID tiveron a oportunidade de ter unha adoitada formación científica conseguindo currículum extremadamente competitivos para as convocatorias de investigadores profesionais tanto a nivel nacional como internacional. Espero poder conseguir iguais ou mellores resultados dos membros do NEIRID que me precederon.

  1. A día de hoxe, consideras que existen poucas axudas para proxectos de investigación?

Si, creo que as axudas para formentar a investigación deberían de incrementarse. Iniciativas como as da Caixa Rural representan un exemplo a seguir.

  1. Como te visualizas nun futuro? Gustaríache continuar no ámbito da investigación?

De momento, gústame ser realista, o meu obxectivo proritario é realizar a tese doutoral. Tamén me gustaría continuar este camiño, se as circunstancias e os resultados que poida conseguir mo permiten.

Entrevista a Oreste Gualillo, investigador e director do proxecto

  1. Oreste, ti serás o director do proxecto. Que significa para vós a incorporación de Carlos Torrijo como investigador de NEIRID?

Carlos foi seleccionado a través dunha avaliación fundamentada exclusivamente en criterios de excelencia. Cremos que ten todas as potencialidades para realizar un traballo de tese excelente.

  1. Cal é a súa aportación ao conxunto da investigación?

Carlos Torrijos será un dos actores principais na realización deste proxecto. O impacto que pode derivar tras a realización deste proxecto podría proporcionar unha estratexia efectiva para tratar as consecuencias dexenerativas da enfermidade, contribuír a preservar a mobilidade nos pacientes con dexeneración discal e, finalmente, mellorar o benestar do paciente con dexeneración discal e reducir a carga económica, social e de saúde pública da enfermidade.

  1. Por que cres que son tan necesarias estas axudas?

Coido que as entidades financeiras como Caixa Rural, con iniciativas como esta, poden impulsar a aprendizaxe, a formación e o coñecemento dos mozos investigadores para contribuír a mellorar a sociedade a través do rigor e a excelencia. Considero que a formación de excelencia é clave para dar oportunidades ás persoas que poden transformar a nosa sociedade, impulsando o talento e a carreira científica e investigadora dos nosos mozos.

Máis información sobre IDIS

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) naceu en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo Instituto de Salud Carlos III dende o ano 2010. O seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de 1.213 profesionais, 106 grupos de investigación, 43,5 M€ de fondos recadados no último ano, o IDIS contribúe co seu traballo ao incremento do coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector sanitario.

Más noticias