O IDIS recibe a visita do director do Instituto de Salud Carlos III

25 Marzo 2022

O director do Instituto de Salud Carlos III, Cristóbal Belda, e as subdirectoras da entidade, Pilar Gayoso e Rosario Perona, visitaron hoxe as instalacións e laboratorios do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), onde se reuniron con representantes da Área Sanitaria de Santiago e a USC, así como do propio Instituto; e mantiveron unha xuntanza da Alianza de Institutos así como un encontro con investigadores do centro no que coñeceron de primeira man os últimos avances alcanzados por diferentes grupos de investigación.

Os representantes do Instituto de Salud Carlos III foron recibidos polos persoal investigador do IDIS e otras personalidades do ámbito sanitario e docente, entre os que se encontraban Jorge Aboal, director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde; Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; Mª Luz Couce, directora científica do IDIS; Isabel Lista, directora da Fundación IDIS; Antonio Fernández-Campa, director da Axencia de Coñecemento en Saúde; Antonio López, reitor da USC; Vicente Pérez, vicerreitor de investigación da USC; e Julián Álvarez, decano da facultade de Medicina da USC.

Durante a visita ó IDIS, o director do Instituto de Salud Carlos III, Cristóbal Belda, destacou a labor investigadora dos profesionais deste centro. “Os damos las gracias por la creación de infraestructuras que marcarán la hoja de ruta del futuro de la investigación y por vuestra aportación científica”, sinalou.

Eloína Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, subliñou que “la tarea investigadora forma parte indisoluble, junto a la docencia, de la esencia del área sanitaria de Santiago y constituye un elemento fundamental para nuestra excelencia asistencial. Como gerente de la Sanidad pública compostelana y presidenta del patronato de la Fundación del Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago conozco muy bien la gran labor que desarrollan los más de 1.100 investigadores del IDIS, reflejado en los numerosos éxitos y artículos que publican cada año. El fuerte crecimiento que experimenta, no en vano la captación de fondos para la investigación del IDIS se multiplico por 5, es un síntoma inequívoco de la pujanza de la investigación médica compostelana”.

Pola súa parte, Antonio López, reitor da USC, apuntou que “la convergencia en el IDIS de tres instituciones y entidades como son la Universidad de Santiago, el Servizo Galego de Saúde y el Instituto de Salud Carlos III es un ejemplo óptimo de sinergia a favor de la mejora de la calidad de vida de las personas. Somos tres organismos con misiones y personalidades capaces de encontrar un punto de encuentro que ayude a poner de relevo con la mayor eficacia nuestras fortalezas individuales y, sobre todo, a ponerlas al servicio de la sociedad”.

A visita tivo lugar trala publicación da nova Acción Estratégica en Salud do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023, que este ano dispón de máis de 144 millóns de euros para financiar a investigación biomédica e sanitaria en España. Actualmente, as convocatorias de axudas e as liñas de apoio do Instituto de Salud Carlos III financian o 25 % dos proxectos de investigación que desenvolven os grupos do IDIS.

Retos e obxectivos do IDIS

A directora científica do IDIS, María Luz Couce, referiuse ante os directivos do Instituto de Salud Carlos III ó presente e ó futuro da institución co foco posto nos obxectivos e retos que se marcaron desde que está á fronte da entidade. “El IDIS se encuentra en un período de crecimiento en el que se pretende fomentar la investigación traslacional promoviendo la colaboración entre investigadores clínicos y básicos”, explicou.

De cara ó futuro, o IDIS aspira a mellorar a calidade dos seus servizos e plataformas con acreditación das mesmas e a potenciar a transferencia de resultados mediante o desenvolvemento de spin-offs. A curto prazo, o Instituto pretende establecer novas alianzas estratéxicas, impulsar a súa imaxe de marca e mellorar e ampliar as súas infraestruturas co obxectivo de crear un espazo integrado no contorno e atractivo para realizar ciencia excelente.

 

Más noticias