Un traballo do grupo GrHeCo-Xen do IDIS recibe o premio ao mellor abstract no 2nd Day of Artificial Intelligence in Cell Therapy

13 Novembro 2026

O estudo foi presentado por Carlos Pérez na xornada celebrada polo ICO en Barcelona o pasado 6 de novembro

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026.– Un traballo presentado por Carlos Pérez Míguez, do grupo Hematoloxía computacional e xenómica (GrHeCo Xen) do IDIS, foi galardoado co premio ao mellor abstract no 2nd Day of Artificial Intelligence in Cell Therapy organizado o 6 de novembro polo  Institut Català d’Oncologia (ICO) en Barcelona.

O obxectivo principal desta xornada é profundar no rol que xoga a intelixencia artificial nas terapias celulares e xerar un espazo de encontro e intercambio sobre as últimas innovacións neste campo.

O traballo premiado presenta o desenvolvemento dun axente de intelixencia artificial especializado no ámbito médico, que integra un sistema de anonimización de datos clínicos e un modelo de linguaxe de gran tamaño (LLM) especializado en medicina.

Este recoñecemento pon en valor a aposta do equipo pola aplicación de tecnoloxías de intelixencia artificial no ámbito sanitario, con especial atención á privacidade dos datos e ao desenvolvemento de ferramentas de apoio á práctica clínica.

Más noticias

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.