Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i)

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), como xerador de coñecemento no ámbito sanitario, mantén un firme compromiso coa divulgación científica. Este labor é fundamental para achegar a ciencia e a profesión investigadora á sociedade á que serve.

No ano 2024, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades recoñeceu o destacado labor divulgativo e comunicativo do IDIS, acreditándoo como membro da Rede de Unidades de Cultura Científica e da Innovación (Rede UCC+i) da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Esta entidade pública promove a interacción entre ciencia e sociedade, o desenvolvemento da cultura científica e a difusión do coñecemento en España.

Busca garantizar que los resultados en salud obtenidos en pro de la ciudadanía sean conocidos y comprendidos por todos. Además, trabaja para fomentar las vocaciones científicas entre los más jóvenes, promover el pensamiento crítico y ofrecer a la sociedad un espacio para mejorar su percepción y conocimiento de la ciencia. Para ello, presenta las siguientes líneas de actuación:

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación do IDIS ten como principais obxectivos aumentar a visibilidade da institución e da investigación de excelencia que desenvolve diariamente o seu persoal. Busca garantir que os resultados en saúde acadados en beneficio da cidadanía sexan coñecidos e comprendidos por toda a sociedade. Ademais, traballa para fomentar as vocacións científicas entre a mocidade, promover o pensamento crítico e ofrecer á cidadanía un espazo para mellorar a súa percepción e coñecemento da ciencia.

As súas principais liñas de actuación son:

  • Comunicación eficaz dos resultados de I+D+i.
  • Divulgación do coñecemento científico e tecnolóxico mediante a participación en actividades e eventos, a organización de feiras, obradoiros, ciclos de charlas divulgativas, visitas guiadas aos laboratorios e xornadas de portas abertas, así como a presenza nas redes sociais para conectar co público máis novo.
  • Asesoramento e formación do persoal investigador en comunicación e divulgación científica.

Enquisa de divulgación

Responde esta enquisa para coñecer a túa opinión sobre as necesidades de divulgación do IDIS.

Contacto

Iria Louzao Pernas (coord. UCC+i)
+34 981 950 409 (ext. 250 409)

Miriam Cebey López
+34 981 951 196 (ext. 251 196)

José Ramón Castro Ruibal
+34 981 955 308 (ext. 255 308)

María Rodríguez Carlín
+34 981 955 972 (ext. 255 972)

Contacta connosco en divulgacion@idisantiago.es

Visitas escolares

O IDIS abre as súas portas aos centros educativos co obxectivo de dar a coñecer o noso labor investigador e fomentar a cultura científica entre o alumnado. O estudantado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional pode participar en visitas adaptadas aos seus intereses e ao seu nivel educativo.

Estas visitas teñen unha duración aproximada de 2 a 3 horas e comezan cunha charla introdutoria duns 30 minutos, na que se explica que é o IDIS, como traballamos, cales son as nosas principais liñas de investigación e que perfís profesionais forman parte do noso equipo.

A continuación, o alumnado participa en obradoiros interactivos organizados polo noso persoal investigador, cunha duración aproximada de 1 a 1,5 horas. Nestes obradoiros, teñen a oportunidade de coñecer de preto o traballo nos laboratorios, descubrir equipamento científico de última xeración e conversar directamente co noso persoal investigador. As actividades están deseñadas para ser prácticas, participativas e motivadoras, favorecendo que o alumnado viva a ciencia de maneira directa e significativa.

Para organizar unha visita adaptada ás necesidades do voso centro, só tedes que cubrir o formulario de solicitude que atoparedes a continuación.
Formulario
Lamentablemente, xa temos completo o calendario de visitas para o curso 2025-2026. Se o voso centro educativo está interesado en visitarnos durante o curso 2026-2027, non dubidedes en contactar connosco.

Visitas de asociacións, colectivos e outros grupos

O IDIS ofrece tamén visitas dirixidas á cidadanía co obxectivo de achegar a investigación biomédica á sociedade e mostrar dun xeito accesible como desenvolvemos o noso traballo. Estas actividades están pensadas para asociacións veciñais, asociacións de pacientes, entidades sociais e grupos interesados en coñecer o papel da ciencia na mellora da saúde e do benestar.

As visitas poden incluír charlas divulgativas e percorridos guiados por distintas áreas do instituto, nos que é posible coñecer de preto as nosas instalacións e a actividade científica que desenvolvemos. Para moitos colectivos, estas visitas representan unha oportunidade para comprender como avanza a investigación en ámbitos que lles afectan directamente, que retos existen e que pasos se están dando para mellorar os diagnósticos e os tratamentos. O formato de cada visita adáptase ás características e ás necesidades de cada colectivo.

O noso obxectivo é ofrecer unha experiencia próxima, comprensible e enriquecedora que permita descubrir a investigación desde dentro e reforzar o vínculo entre ciencia e sociedade.

Se a túa asociación ou colectivo está interesado en organizar unha visita, estaremos encantados de valorar a vosa solicitude e acompañarvos nesta experiencia.

Contacta connosco en: divulgacion@idisantiago.es

O IDIS mantén un firme compromiso coa divulgación científica e co achegamento da investigación biomédica á sociedade. Cada ano participa en diversas iniciativas que permiten dar a coñecer o traballo do seu persoal investigador, fomentar as vocacións científicas entre o alumnado e visibilizar o papel das mulleres na ciencia. Entre estas actividades destacan a G-Night, a Feira das Profesións e a celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F).

G-Night: A noche europea das persoas investigadoras

A G-Night é un evento europeo que se celebra simultaneamente en numerosas cidades co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía. Cada ano, o IDIS participa con actividades divulgativas dirixidas a públicos de todas as idades, incluíndo demostracións científicas, obradoiros interactivos, experimentos, xogos e espazos de encontro co persoal investigador.

Durante a xornada, profesionais do IDIS explican de maneira accesible como se desenvolve a investigación biomédica, cales son os principais retos na procura de novos tratamentos e como o coñecemento científico repercute directamente na mellora da saúde e do benestar da poboación.

A participación do instituto contribúe a fortalecer o vínculo entre ciencia e sociedade e a promover unha cultura científica aberta, participativa e próxima.

Feiras das profesións

A Feira das Profesións está dirixida ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e ás súas familias, co obxectivo de dar a coñecer as diferentes saídas profesionais.

Cada ano, o IDIS participa cun espazo propio no que o persoal investigador voluntario organiza obradoiros interactivos e actividades divulgativas para explicar:

  • Como é traballar nun laboratorio de investigación sanitaria.
  • Os diferentes perfís profesionais que forman parte dun instituto de investigación (¡moitos máis dos que imaxinas!).
  • As competencias e habilidades máis valoradas no ámbito científico.
  • Como a ciencia contribúe a mellorar a vida das persoas.

Esta actividade constitúe unha excelente oportunidade para orientar ao alumnado e mostrar que a investigación é unha carreira accesible, diversa e chea de oportunidades.

Se formas parte do persoal investigador e queres participar nesta iniciativa, escríbenos a: divulgacion@idisantiago.es

 

Día internacional da muller e a nena na ciencia (11F)

Cada 11 de febreiro, o IDIS súmase á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha iniciativa que pretende visibilizar o papel das investigadoras e fomentar as vocacións científicas entre as máis novas.

Con motivo desta data, o instituto organiza entrevistas, vídeos, encontros e obradoiros interactivos con alumnado nos que profesionais do IDIS e da FIDIS comparten as súas experiencias, motivacións e traxectorias profesionais.

Estas actividades permiten ofrecer referentes femininos reais e diversos e contribúen a combater os estereotipos de xénero no ámbito científico.

Ao remate de cada mes, o IDIS publica un boletín no que recolle as noticias máis destacadas sobre a actividade investigadora do instituto, así como información sobre os próximos eventos, teses e outras actividades de interese.

Ano 2026



Boletín IDIS maio
Máis recente


Boletín IDIS abril


Boletín IDIS marzo


Boletín IDIS febreiro


Boletín IDIS xaneiro
Ano 2025


Boletín IDIS decembro


Boletín IDIS novembro


Boletín IDIS outubro


Boletín IDIS setembro


Boletín IDIS xullo


Boletín IDIS xuño


Boletín IDIS maio


Boletín IDIS abril


Boletín IDIS marzo


Boletín IDIS febreiro


Boletín IDIS xaneiro

Subscribirse aos boletíns

Cápsulas de animación Innova-IDIS

As cápsulas de animación forman parte do Concurso Innova-IDIS, unha iniciativa que impulsa a creatividade e o talento do persoal investigador do instituto. Cada peza audiovisual presenta un dos traballos seleccionados no certame nun formato accesible, dinámico e visual, achegando estes avances científicos á cidadanía a través deste espazo de divulgación.



Cápsula 4: Preclinical validation of human recombinant glutamate-oxaloacetate transaminase for the treatment of acute ischemic stroke



Cápsula 3: FABP4 Enhances Lipidic and Fibrotic Cardiac Structural and Ca2+ Dynamic Changes



Cápsula 2: Using SWATH-MS to identify new molecular biomarkers in gingival crevicular fluid for detecting periodontitis and its response to treatment



Cápsula 1: Human recombinant relaxin-2 regulates the proteome, lipidome, lipid metabolism and inflammatory profile of rat visceral adipose tissue
Por máis mulleres na ciencia

Esta serie de vídeos reúne diferentes perfís científicos do IDIS e da FIDIS —persoal de xestión da investigación, investigadoras, enfermeiras e outros profesionais— que comparten, dun xeito próximo e persoal, como xurdiu o seu interese pola ciencia e que as motiva a continuar investigando.

Gravados con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia (11F), estes testemuños amosan a diversidade de experiencias, traxectorias e motivacións que existen detrás de cada carreira científica, ofrecendo referentes reais para inspirar ás novas xeracións.



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Teresa Cabaleiro, Lucía Gayoso y Loli Willisch. FIDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Dra. Ceres Fernández Rozadilla. IDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. RTTP. Mabel Sampedro Parada. FIDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Dra. Inés Mármol. IDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Sara Rey Vázquez. IDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Vanesa García. IDIS



11F2022. Por máis mulleres na ciencia. Alicia L. Bruzos. IDIS

Eventos

Resumen de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.